O decreto para o pluringüismo no ensino foi aprobado esta mañá no Consello da Xunta sen mudanzas destacadas con respecto ao rascuño que xa se dera a coñecer. Segundo explicou o presidente do goberno, Alberto Núñez Feijóo, a única modificación significativa que se realizou no texto foi eliminar a consulta na que os pais decidÃan en qué lingua querÃan as materias en educación primaria e secundaria. Segundo explicou Feijóo, a medida débese á indicación do Consello Consultivo de Galicia de que non existÃa cobertura legal para unha consulta deste tipo.
Serán os pais, no entanto, os que indiquen cal é a lingua materna dos seus fillos en Educación Infantil no mesmo formulario da matrÃcula.
De cara ao final deste ano, Feijóo anunciou que o seu equipo presentará no Parlamento unha proposta de lei para regular a participación dos pais e da comunidade educativa no ensino galego. Segundo el, o texto daralle cobertura legal a consultas deste tipo e permitirá que os pais galegos poidan escoller a lingua dos seus fillos no ensino cada catro anos, tal e como estaba previsto incialmente no decreto para o plurilingüismo.
Mantéñense no texto final outros puntos polémicos do decreto, como a liberdade dos alumnos para empregar na aula e nos exames a lingua da súa preferencia ou o reparto ao 50% de materias en galego e en castelán.