Non son cifras nada alentadoras. O teatro galego perdeu case un 50% das súas funcións no último lustro. Segue habendo os mesmos espazos escénicos pero menos espectadores malia que unha recadación case similar. O impacto dos espectáculos é moito menos reducido, pero é que Galicia é a última comunidade do Estado en consumo cultural dos fogares en espectáculos. Asà son os datos que amosa o último documento de traballo do Observatorio da Cultura Galega.
O panorama xeral das artes escénicas en Galicia revela indicadores negativos en case todos os sectores, sendo o teatral o máis destacado. Asà o revela o último Documento de Traballo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega titúlase “Panorama estatÃstico das Artes Escénicas Galegas”. A nivel empresarial, as compañÃas profesionais de teatro e danza experimentaron unha evolución negativa dos seus ingresos de explotación, cun aumento das perdas e un endebedamento cada vez máis alto.
O teatro
O número de espazos teatrais que funcionan en Galicia mantense estable. O INAEM contabilizou en 2013 86 centros, os mesmos que en 2007. No caso das compañÃas de teatro, pasouse de 221 en 2012 a 213 en 2013, sendo o número máis baixo de toda a serie temporal analizada neste DT. Con todo, é nas cifras de representación onde se aprecia o descenso máis acusado. En Galicia representáronse 2747 funcións en 2007, mentres que en 2013 a cifra foi de 1495. Con estas cifras estamos no oitavo lugar en número de representacións de obras teatrais. Na mesma liña descendente compórtase a afluencia de público, que pasa de 580 000 a 355 000 en 2013. Curiosamente, a recadación baixa pero faino dun xeito case inapreciable, a variación é de preto de 126.000 euros.
No tocante á exhibición, nos últimos dous anos desapareceron en Galicia 10 festivais teatrais, que pasan de 56 a 46.
O DT tamén revisa o gasto medio por fogar, que no caso do consumo cultural dos fogares en espectáculos segue unha tendencia negativa. O gasto medio na nosa comunidade é de 36,5 euros, practicamente a metade da media española (77,8 euros) e ocupamos o último lugar no conxunto estatal.
O perfil dos profesionais do teatro é de persoas novas de entre 26 e 35 anos, cunha taxa de ocupación feminina dun 30%. Cando se trata de postos de dirección, a presenza do persoas novas é baixa neste sector. Ademais, o documento conclúe que neste sector a estabilidade laboral é baixa, agás no caso dos escenógrafos e decoradores de cinema, televisión e teatro.
A danza e o xénero lÃrico
Entre 2007 e 2013 medrou o número de compañÃas de danza en Galicia, que pasan de 73 a 85. Pola contra, descende o número de representacións, que seguen unha tendencia á baixa nos últimos sete anos. Baixan as funcións e tamén o público pois pasouse de 42 000 espectadores a 35 000.
Os datos de danza difiren dos do xénero lÃrico, que gañou 3000 espectadores en 2013. O número de espectadores tamén é diferente xa que o público de ópera e zarzuela dobra en número ao de danza. En 2013, o gasto medio por espectador en representacións de danza sitúase nos 5,9 euros, mentres que no xénero lÃrico está en 9 euros. A recadación nese mesmo ano medrou un 15,1% para este sector, que tamén rexistrou 8 funcións máis.