Quiosco: A Trabe de Ouro 128

A entrega recolle unha conversa con Antonio Gamoneda e atende a Álvaro Cunqueiro ou Hixinio Cambeses, entre outras cuestións

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: A Trabe de Ouro 128

Está xa dispoñible por todo o país a entrega 128 de A Trabe de Ouro. A publicación de pensamento crítico presenta o número que corresponde ao primeiro cuadrimestre de 2025 con artigos sobre "Tempo, historia, nación" a cargo de Anselmo López Carreira, a análise Alegoría e novela (I) que asina Luis M. Fernández Rodríguez ou a revisión sobre Álvaro Cunqueiro e o antisartrismo en Galicia que fai Antón Capelán.

Outros contidos destacados son a primeira parte do repaso que Emilio Xosé Ínsua realiza sobre o músico Hixinio Cambeses Carrera e a conversa de Manuel Outeiriño con Antonio Gamoneda sobre "literatura e república: rexeitar o que nos empobrece". Canda a eles, Manuel Fernández Blanco asina "Sexo non é xénero" e Francisco Fernández Rei realiza unha semblanza sobre Bernardino Graña. Ildefonso Rodríguez, Miguel Anxo Seixas, Alebro Lema e Moncha Fuentes completan a nómina de colaboracións desta entrega.

Que che parece esta nova?
119 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: A Trabe de Ouro 118

Quiosco: A Trabe de Ouro 118

Reflexións sobre o capitalismo, o populismo de Jácome ou unha lembranza de Xosé Ramón Barreiro fan parte da entrega