Cando as editoriais levan xa unha boa tempada falando do grave descenso das vendas do libro en galego, aparece no panorama un novo sistema para achegar as obras aos potenciais compradores. Trátase do Clube de Lectores Biblos, unha iniciativa pioneira que pon directamente na casa dos interesados unha boa selección de obras galegas e portuguesas ao mellor prezo.
O lanzamento non podÃa ser máis espectacular. O pasado domingo dous de marzo, os principais xornais do paÃs incluÃan como suplemento o primeiro número de “Biblos, Clube de Lectores”. A edición supuxo a histórica cifra de nada menos que 270.000 exemplares desta publicación subtitulada “Revista Galega de Información Literaria”. Trátase dunha revista bimestral de trinta e dúas páxinas a cor que contén unha coidada selección das obras máis destacadas de vintecinco editoras do paÃs. Arredor de douscentos cincuenta tÃtulos en galego (con algún en castelán polo medio) e dezasete obras máis en portugués é o fondo co que conta no seu lanzamento esta iniciativa, que pretende, segundo os seus impulsores, “acabar coa invisibilidade do libro galego”. “Hoxe en dÃa o libro galego non ten un acceso doado aos sentidos do lector, que ten que dar varias voltas para atopar o que precise”, sinala Tucho Calvo, director literario da iniciativa.
A oferta
Un cinco por cento de desconto sobre o prezo en librerÃas e ofertas especiais e concretas, ter os libros directamente na casa sen pagar gastos de envÃo e coñecer dunha ollada os lanzamentos das editoras, con resumos e fotografÃas das obras é o que lles ofrece “Biblos” aos seus socios. Ademais, con cada número a revista ofrece como agasallo un libro da colección exclusiva Mandaio. E o acceso a unha selección dos últimos lanzamentos portugueses, dificilmente accesibles para moitos lectores de Galicia. Pola súa banda, os subscritores pagan unha cota anual de quince euros e comprométense a mercar un tÃtulo en cada número da revista.
A iniciativa
Hai xa dous anos aproximadamente que xurdiu a idea de Biblos. Tucho Calvo, Coordinador da “Biblioteca 120” e Carmela González estudiaron desde entón as posibilidades económicas do proxecto e realizaron os contactos coas diferentes editoriais. Finalmente constituÃase a empresa Biblos, Clube de Lectores, con sede na aldea de Mandaio, en Cesuras. A dirección correspondeulle a Carmela, que apunta que “na empresa traballan dúas persoa máis sen experiencia directa no sector editorial, pero si no que poderÃamos chamar as súas proximidades” e completan Tucho o cadro de persoal como director literario. As expectativas da empresa son, para a súa directora, chegar a 8.000 subscritores para poder traballar cunha marxes cómodas. “Estas cifras permitirÃannos facer edicións propias amplas e máis importantes”, sinala. O risco do proxecto corre todo por conta dos promotores xa que, segundo sinalan, aÃnda non contan con ningún apoio da administración.
Mandaio
Unha das peculiaridades dun proxecto tan incipiente como é Biblos é o feito de térense atrevido a lanzar xa co seu primeiro número unha colección propia. Trátase de Mandaio, unha serie que só será accesible aos socios do club, que recibirán un volume de agasallo con cada revista e poderán mercar números atrasados a doce euros o exemplar. Con esta idea téntase pór a disposición do público obras nunha edición coidada, con bo deseño e tapa dura. O primeiro número correspondeu a “Sete noite e un amencer”, obra de Francisco Xosé Fernández Naval da que se tiraron dez mil exemplares, dos que mil serán, numerados e asinados, para os primeiros en adscribirse a esta iniciativa. A tiraxe nos seguintes números será inferior e axeitarase ao número de socios que se vaian incorporando ao proxecto. A colección acollerá desde obra inéditas ata edicións especiais de determinados libros e tÃtulos que levan xa anos fóra do mercado. “Pensamos que o lector do libro galego precisa tamén un pequeno enganche para seguir fomentando esa adicción, e para iso creamos a colección”.
Portugal
Outro aspecto no que Biblos é pioneiro é en achegar o libro portugués aos lectores galegos. As últimas páxinas de cada revista irán dedicadas a amosar tanto os últimos lanzamentos coma grandes clásicos da literatura lusa no seu idioma orixinal, obras comprensibles para os galegos pero moi difÃciles de atopar en grande parte do paÃs. “O mercado de lectores galegos descoñece a maior parte dos tÃtulos que se publican en Portugal”. A entrada destes tÃtulos en Biblos foi posible gracias ao contacto directo dos promotores da iniciativa coas editoriais lusas implicadas. “Ao comezo colleron o proxecto con precaucións por descoñecer o cliente e o mercado; unha vez que se lles explicou o proxecto e viron o primeiro número da colección Mandaio amosaron entusiasmo pola idea” sinala a directora do proxecto.
Impacto social
Na súa posta en marcha Biblos conseguiu o apoio expreso e entusiasta da maiorÃa das editoras do paÃs, segundo Tucho Calvo “conscientes do mal momento polo que atravesa o sector”. “Ademais de apoiar a iniciativa empresarialmente tamén nos deron azos para continuar co proxecto”, sinala Carmela González. E ás editoriais sumáronse tamén entidades tan importantes no noso panorama cultural coma a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega ou a Mesa pola Normalización LingüÃstica. AÃnda que desde o sector de libreiros non houbo manifestacións oficiais sobre o proxecto, Tucho Calvo sinala que xa tivo apoios persoais de diferentes libreiros que sinalan que un repunte no sector do libro beneficiarÃaos indirectamente.
Promocións
Os esforzos feitos desde Biblos para atraer novos membros abranguen, ademais dos descontos xerais, promocións coma o sorteo de estancias en casas rurais e, no futuro, a posibilidade de adquirir obras descatalogadas a baixo prezo. Ademais, á distribución masiva do primeiro número da revista e a soportes publicitarios coma tarxetas postais, súmase unha completa web na que os interesados se poden subscribir á iniciativa e realizar o seu pedido bimensual, ademais de ler un capÃtulo dos números que vaian saÃndo na colección “Mandaio”. “Temos claro que o apoio de Internet é importante para que xente que non coñece a colección poida aproximarse a ela”, sinala Carmela González.
Futuro
A prioridade da empresa agora mesmo é sumar un número de socios suficientes para consolidar o proxecto, aÃnda que polo de agora non queren facer valoracións sobre os avances a este respecto. De cara ao futuro, Biblos ten unha chea de iniciativas e de proxectos. Entre outros, para os vindeiros números pretenden ampliar a súa oferta a CDs de música e mesmo a DVDs, coa intención de “realizar un achegamento entre productos culturais”. O traballo neste novo eido de difusión cultural acaba de comezar, haberá que ver cómo avanza o labor.