Dentro das curiosidades que o traballo en Arquitecturadegalicia.eu lles achegou, Iago Valverde apunta o paradoxo das vivendas dos propios aquitectos. AsÃ, creadores "que traballan proxectado grandes espazos, complexos habitacionais de miles de metros de superficie, lugares suntuosos, materiais nobres, luxo, para clientes que teñen grandes orzamentos; á hora de facer a súa propia casa decantanse por todo o contrario". Explica este investigador. "En lugar de que a casa sexa mostra do seu status económico, como moitas veces sucede, grandes arquitectos á hora de facer a súa propia vivenda buscan a austeridade. Pequenas vivendas, refuxios, casetos, ou case galpóns. Espazos pequenos, materiais económicos e solucións moi sinxelas pero enxeñosas".
Como exemplos, apunta o refuxio da Roiba de Vázquez Molezún ( http://arquitecturadegalicia.eu/blog/?p=2893), a Vivienda en Corrubedo de Manuel Gallego (http://arquitecturadegalicia.eu/blog/?p=5385), a Vivenda de verán en Barreiros de Carlos Meijide (http://arquitecturadegalicia.eu/blog/?p=8447), a Casa en Santa Rita de Alberto Noguerol e Pilar DÃez (http://arquitecturadegalicia.eu/blog/?p=8918) ou a Caseta de Pescadores en Quilmas de Creus e Carrasco (http://arquitecturadegalicia.eu/blog/?p=223). "Son vivendas que valoran moito máis os metros dos que se pode gozar desde a vivenda, fronte ao mar ou nun espazo natural, que a cantidade de metros construÃdos".