Quiosco: MaOs número 0

Proxectos de dinamización social e artigos sobre patrimonio centran os contidos da publicación

A Cooperativa MaOs acaba de lanzar á rede o que é o número 0 da súa revista. MaOs achega unha serie de artigos sobre cuestións de dinamización social e cultural, e abordar diferentes proxectos actualmente en marcha no país. Así explícanse as iniciativas Granxa de Servizos, Feitoría Verde ou Micromachinhos. Unha entrevista a Comba Campoy, un artigo sobre as feiras, outro sobre o baile tradicional e textos que reflexionan sobre a participación e dan ideas para conseguir xutanzas produtivas son algúns dos contidos que inclúe esta primeira entrega, dispoñible íntegra na rede.

Ligazóns