Esta mañá dábanse a coñecer no web do Instituto Galego de EstatÃstica os resultados da Enquisa de condicións de vida das familias no seu apartado de "Coñecemento e uso do galego" correspondente a 2013. Estes datos, considerados entre os máis importantes para verificar a situación social da nosa lingua confirman os indicadores que sinala un descenso importante no emprego do galego. AsÃ, desde 2003 verifÃcase un descenso de 12 puntos no número de falantes monolÃngües, que paso 43.2% dos enquisados a só un 31,2% dez anos despois. No entanto, esta cifra é lixeiramente superior aos datos correspondentes a 2008 (últimos ata o momento) cando se cifraban en 30,2%. En paralelo, dáse un incremento destacado de persoas que se expresan sempre en castelán, do 19,6 ao 26,25% no mesmo perÃodo.
Baixa tamén a a porcentaxe de poboación que fala máis galego ca castelán, que baixou 6,44 puntos respecto a 2008 ata situarse nun 20,29%, mentres que as cifras daqueles que falan máis castelán que galego apenas variou nos últimos 5 anos (22,7% en 2008 e 22,26% en 2013).
As tendencias de cara ao futuro continúan a ser especialmente preocupantes, xa que por idades, unicamente o 13,20% das crianzas entre 5 a 14 anos fala sempre galego, metres o 11,91% emprega máis galego ca castelán e o 74,88% utiliza sempre o castelán ou máis castelán ca galego.
Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Ano 2013. Resumo de resultados.Baixa tamén a a porcentaxe de poboación que fala máis galego ca castelán, que baixou 6,44 puntos respecto a 2008 ata situarse nun 20,29%, mentres que as cifras daqueles que falan máis castelán que galego apenas variou nos últimos 5 anos (22,7% en 2008 e 22,26% en 2013).
As tendencias de cara ao futuro continúan a ser especialmente preocupantes, xa que por idades, unicamente o 13,20% das crianzas entre 5 a 14 anos fala sempre galego, metres o 11,91% emprega máis galego ca castelán e o 74,88% utiliza sempre o castelán ou máis castelán ca galego.