A Fundación Barrié, o Museo de Pontevedra e mais o Museo do Pobo uniron forzas este outono para tirar do esquecemento unha figura pouco coñecida da nosa cultura. Un nutrido programa de actividades que inclúe un cuádruple simposio e unha exposición quere tirar do esquecemento o nome de VÃctor Said Armesto, polifacético músico e investigador, primeiro catedrático de literatura galego-portuguesa e un dos dez promotores da Real Academia. Achegámonos a esta complexa figura.
Se algo é difÃcil de facer respecto a Said Armesto é resumir a súa figura. Músico, renovador da zarzuela, un dos principais compiladores de romances tradicionais galegos, promotor da Real Academia, primeiro catedrático de literatura galego Portuguesa, etnógrafo, republicano. O seu nome ecoa nos máis variados ámbitos da cultura e da polÃtica galega de finais do século XIX e comezos do XX, trascendendo amplamente alén do noso paÃs. Malia á súa indiscutible importancia, o personaxe continúa a ser pouco coñecido na nosa cultura. Para o remediar, e a coincidir co primeiro centenario do seu falecemento, varias das principais institucións culturais do paÃs colaboran nun ambicioso programa para pór en valor a figura deste polifacético persoeiro. Carlos Villanueva, profesor de Historia da Arte na Universidade de Compostela, foi o principal promotor desta ambiciosa iniciativa na que se implicaron o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e mais a Fundación Barrié.
Iniciativas
O Museo de Pontevedra foi a primeira institución en abrir o programa cun ciclo de conferencias e dous concertos centrados na figura deste polÃgrafo o pasado mes de setembro. No Museo do Pobo desenvolvéronse a pasada semana as dúas primeiras xeiras do simposio Victor Said Armesto e o seu tempo. Coordinadas polo historiador Justo Beramendi, ao longo de dous dÃas estas xornadas atendero á ideoloxÃa republicana do homenaxeado, a atender os seus vencellos coa teosofÃa ou co galeguismo. No mesmo lugar os vindeiros 16 e 17 de outubro desenvólvese a segunda parte do simposio, centrado na actividade musical e etnográfica do homenaxeado e baixo a coordinación de Carlos Villanueva. Por se non fosen abondo, a sede da Fundación Barrié na Coruña acollerá en novembro as dúas últimas xornadas de análise sobre esta figura, dedicadas desta volta ao mundo literario e coordinadas por Margarita Santos Zas. As relacións de Said Armesto cos escritores do seu tempo e o seu traballo como ensaÃsta, historiador e crÃtico centrarán as intervencións destes dÃas.
Máis propostas
En total o programa inclúe unha trintena de intervencións a cargo de especialistas tan destacados como os coordinadores xa comentados, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel González Reboredo, Carlos Valle, José LuÃs Forneiro, Arturo Casas ou Rosario Mascato entre outros investigadores. Ademais, con ocasión da efeméride preséntase o documental Victor Said Armesto, o resplandor efémero de José Antonio Durán, e na Coruña a Fundación Barrié acollerá unha exposición dedicada á súa persoa. A Xunta, a Universidade de Santiago e mais o Consorcio de Santiago fan tamén parte das homenaxes que se están a desenvolver. AsÃ, estas institucións acaban de coeditar o libro de Villanueva, VÃctor Said Armesto: Una vida de romance. A Real FilharmonÃa de Galicia participa tamén nestes actos coa estrea da zarzuela La flor del agua o vindeiro 5 de decembro, unha obra pola que Said Armesto foi recoñecido como renovador do xénero en todo o Estado.
Esta iniciativa pretende servir como punto de partida para un novo xeito de lembrarmos esta figura. "Estamos a abrir camiños. Hai un ano case non se sabÃa nada del", explica Carlos Villanueva, auténtico promotor do programa., "Apenas habÃa catro notas que fixo Filgueira Valverde a falar do cancioneiro de Casto Sampedro e pouca cousa máis. Agora, tanto nas conferencias como no simposio falouse xa sobre cuestións económicas, familiares e polÃticas, cousas que eu mesmo non coñecÃa", explica.
Esquecemento
Segundo explica Villanueva, o esquecemento do personaxe explÃcase por varios factores. "Morre moi novo, con 43 anos, cando aÃnda comezaba a súa historia académica e profesional", unha idea que corrobora Beramendi. "Naquel momento aÃnda non desenvolvera unha obra maciza, consagrada e completa". Canda a isto, "no que é a historia do Museo de Pontevedra, tal e como a explicou Filgueira Valverde, Said Armesto fica agochado detrás da figura de Casto Sampedro", asegura Villanueva. No campo musical, "coincide a súa morte nun momento no que a estética idealista de proxermánica que imperaba na música e que el seguÃa desaparece e entra unha corrente máis francesa". A todo isto, "únese a deriva polÃtica do galeguismo logo das Irmandades da Fala. Aos poucos vaise afastando a súa figura do discurso oficial", completa o especialista en Historia da Arte. Na mesma liña, Beramendi apunta que "a partir dos anos 20 a cultura en Galicia vaise construÃndo cada vez máis a partir do discurso nacionalista. Todos os grandes nomes do panteón galego do primeiro terzo do século son nomes vencellados ao nacionalismo. Said non tiña ese compromiso, e foi ficando no esquecemento".
Evolución
Que non participase no movemento galeguista non implica, nin moito menos, que falemos dalguén neutro politicamente. De feito, boa parte da súa vida estivo marcada pola ideoloxÃa. Segundo explica Villanueva, "Tivo dúas grandes fases. Unha primeira de compromiso polÃtico republicano e liberal que remata cara ao 1900. A partir de entón centrouse no traballo de recollida de romances. Foi un pouco unha dedicación a unha Galicia ideal, ideolóxica sen ser polÃtica", explica este investigador. Canda a el, Beramendi salienta que "unha vez que precisa estabilizar a súa situación económica e conseguir unha cátedra, vai abandonando a actividade polÃtica e aparece o Said investigador que centra a súa actuación na crÃtica literaria e no labor etnográfico". Malia ao relativo esquecemento no que ficou a súa figura, os investigadores apuntan o recoñecemento que no seu dÃa obtivo. "Cando falece os grandes galeguistas que estaban a comezar o seu traballo naquel momento lóuvano repetidamente", salienta Villanueva, "teño como vintecinco declaracións, cartas e obituarios a falar do seu carácter reivindicativo e galeguista".
Achegas
Nese campo a compilación que realizou e o traballo que desenvolveu canda a Casto Samperdo no Cancioneiro musical de Galicia salientan como grandes achegas á nosa cultura. Con esta obra, coa que os autores gañaron en 1910 un galardón da Academia de Belas Artes de San Fernando Said "reivindica o romanceiro galego e sitúao na academia internacional, antes do seu traballo considerábase integrado co romance portugués", segundo explica Villanueva. AsÃ, destaca "o seu traballo de recollida, que se coñece moi pouco. Tiña teatro popular, un dicionario de verbas en galego, unha base teórica moi importante que logo ficou para o Seminario de Estudos Galegos e mais a Xeración Nós".
Conexións internacionais
A partir deste traballo dáse tamén unha das grandes pegadas que o autor deixou na nosa cultura, a integración da materia de Bretaña como algo nidiamente galego. "Antes dos estudos de literatura comparada que se desenvolveron a partir dos anos 20, verifica a existencia dun Tristán galego e amosa como aparecen personaxes galegos arredor do tema da táboa redonda, e como os romances recollen historias sobre o Grial ou Parsifal". Canda a isto "traballa con personaxes que aparecen no romance galego como o Don Xoán e a idealizacón de personaxes. Sen dúbida se non fose pola súa morte, tal e como recoñecÃa Groba o outro dÃa "se el non morrese o romance galego estarÃa nunha posición moito mellor da actual". Do mesmo xeito, Beramendi salienta "o seu grande libro La leyenda de Don Juan, no que amosa que moitos dos grandes mitos da literatura culta, como O Tenorio, beben de fontes populares anteriores que están moi espalladas por toda Europa. Nese mito concreto, el pensa atopar unhas raÃces fundamentalmente galegas".
A posición
Malia á reivindicación da figura, Beramendi apunta que "aÃnda que colabora en cuestións como a creación da RAG, a súa participación non é protagonista, e de feito nin chega a ser membro porque naquel momento concreto non estaba a residir en Galicia". Na mesma liña, o historiador sinala que, ao seu ver, logo desta intensa reivindicación, "a súa figura ficará recuperada do mesmo xeito que pasou con outras como Antón Losada Diéguez, pero tampouco é un cumio na historia de Galicia. Moitas outras figuras están nunha situación semellante na nosa historia, como o propio Indalecio Armesto, primo segundo (aÃnda que el lle chamaba tÃo) de Said.
Para alén de falar sobre o personaxe, o evento está a se aproveitar para dar a coñecer parte do material ata o momento inédito do protagonista da efeméride. "Publicaranse as actas dos congresos, o epistolario e agardo tamén que se publique novo material inédito. Estamos a procurar a compilación de contos e de teatro popular que tiña pendente de editar, penso que cando apareza e se publique será un personaxe que de defenderá por si mesmo", explica Villanueva. "O realmente importante agora é dar a coñecer a súa figura, logo que se manteña esa recuperación ou non dependerá moito das circunstancias. Os personaxes suben e baixan, quizais hoxe non sexan as mellores circunstancias para reivindicar un republicano e liberal".
Programa de actividades polo centenario do pasamento de VÃctor Said Armesto.Se algo é difÃcil de facer respecto a Said Armesto é resumir a súa figura. Músico, renovador da zarzuela, un dos principais compiladores de romances tradicionais galegos, promotor da Real Academia, primeiro catedrático de literatura galego Portuguesa, etnógrafo, republicano. O seu nome ecoa nos máis variados ámbitos da cultura e da polÃtica galega de finais do século XIX e comezos do XX, trascendendo amplamente alén do noso paÃs. Malia á súa indiscutible importancia, o personaxe continúa a ser pouco coñecido na nosa cultura. Para o remediar, e a coincidir co primeiro centenario do seu falecemento, varias das principais institucións culturais do paÃs colaboran nun ambicioso programa para pór en valor a figura deste polifacético persoeiro. Carlos Villanueva, profesor de Historia da Arte na Universidade de Compostela, foi o principal promotor desta ambiciosa iniciativa na que se implicaron o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e mais a Fundación Barrié.