A Deputación da Coruña fixo público que 610 novelas pelexarán por facerse coa vixésimo sexta edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester. As novelas recibÃronse de paÃses de todo o mundo, desde Costa Rica ou Venezuela, ata Canadá, Bélxica ou Israel. De todas esas propostas, só un 7%, unhas 49, están escritas en galego. Segundo o primeiro artigo das bases do premio literario máis prestixioso da Deputación, as obras poden presentarse en galego ou en castelán. O Torrente Ballester, galardoado con 25.000 euros, é dos galardóns literarios con espazo para o galego que máis orixinais recibe. O Premio Xerais 2014, dotado con 10.000 euros, recibiu 39 obras. O último gañador do Torrente Ballester cunha obra en galego foi Carlos Reigosa, en 2008, con O xornalista. A vida do outro.