
Ese lugar de donde me llaman é o tÃtulo das xornadas que o Consello da Cultura Galega lle dedica hoxe e mañá á figura de Lino Novás Calvo. A actividade fai parte dun programa que busca dar a coñecer esta figura e que incluÃu xa a dixitalización do seu legado. Himilce Novás, filla do escritor e xornalista, cedeulle ao Consello os fondos do seu pais, que xa foron dixitalizados e que se difundirán na rede. Como parte das iniciativas de difusión arredor desta figura, o web do CCG achega tres vÃdeos que permiten coñecer diferentes aspectos do traballo dun galego aÃnda pouco recoñecido.