O Consello da Cultura lembra o legado de Lino Novás

Unhas xornadas analizan a figura do escritor e xornalista os vindeiros 19 e 20 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Consello da Cultura lembra o legado de Lino Novás

Escritor, xornalista e tradutor de prestixio. Malia a desenvolver a súa carreira fundamentalmente entre Cuba e España, Lino Novás naceu en Galicia e sempre exerceu de emigrante. Agora, o Consello da Cultura Galega, institución que custodia o seu legado, organiza as xornadas Lino Novás Calvo. Ese lugar de donde me llaman. A sede da institución en Compostela acollerá entre os días 19 e 20 de xuño este encontro no que especialistas como Bernardo Penabade, Xosé Neira Vilas, Carlos Espinosa, Alex Alonso ou a filla do homenaxeado, Himilce Novás, realizarán un repaso pola súa vida e obra. A inscrición para o encontro está aberta no web do Consello.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Novás en imaxes

Novás en imaxes

O Consello da Cultura convida a coñecer o intelectual mediante tres videos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Consello da Cultura Galega, Cuba, Santiago de Compostela