O Consello da Cultura presenta no Fórum a exposición “O sorriso de Daniel”

O sorriso do Forum

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:
Hoxe conmemórase o aniversario do Plebiscito do Estatuto de Autonomía do 36. E aproveitando a efeméride, o Consello da Cultura Galega inaugura unha exposición, “O sorriso de Daniel” no Fórum Universal das Culturas de Barcelona. A mostra parte da figura do profeta Daniel, situado no pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e remata con outro Daniel, o intelectual galeguista Castelao, para explicar a entidade cultural galega. A mostra estará aberta durante tres semanas e reúne un centenar de imaxes e vídeos.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Castelao, Pórtico da Gloria, Estatuto de Autonomía...