Dar a coñecer Galicia na actualidade e a través da súa historia, esta é a intención da exposición "O sorriso de Daniel" coa que o Consello da Cultura Galega representa o noso paÃs no Fórum de Barcelona. O profeta Daniel do Pórtico da Gloria e Daniel Castelao son os dous referentes dunha mostra que non desbota representar de xeito crÃtico os tópicos sobre os galegos.
Dar a coñecer a realidade galega e promover o diálogo con outras culturas, facendo da diferenza un valor e non unha limitación". Asà explica Ramón Villares, coordinador da Sección de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura, o obxectivo da exposición "O sorriso de Daniel". AÃnda que integrada na programación do Fórum, a mostra non estará no recinto do mesmo, senón que se poderá ver na Universidade de Barcelona durante tres semanas a partir do dÃa vinteoito de xuño. A data de inauguración non é casual, xa que neste dÃa celébrase o aniversario do Plebiscito do Estatuto de AutonomÃa de 1936. A partir deste dÃa e durante tres semanas, os visitantes que acudan ao Fórum das Culturas poderán achegarse un pouco máis á situación de Galicia. A través dun cento de imaxes de grandes dimensións e de varios vÃdeos, poderán coñecer onde está Galicia, como somos os galegos, qué facemos e como nos ven desde fóra. Coñecerán a vocación atlántica da Comunidade, a súa historia marcada pola emigración, as súas festas e tradicións, os aspectos máis relevantes da economÃa e os tópicos que existen ao redor dos galegos, entre outros aspectos.
Referenzas
Para guiarse neste traballo, o Consello da Cultura Galega tomou como puntos de referenza no seu traballo dúas figuras que engloban a imaxe que queren transmitir de Galicia: un paÃs con fondas tradicións mais aberta á modernidade. Como punto de partida da mostra escolleron a estatua do profeta Daniel situada no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, o primeiro grande sorriso da escultura medieval despois de séculos de escuridade e solemnidade. Este sorriso representa a dimensión europea da cultura galega e constitúe unha das iconas máis emblemáticas da Comunidade no exterior. Como punto de chegada, outro Daniel, Daniel RodrÃguez Castelao, a figura que mellor pode representar a identidade polÃtica e artÃstica da Galicia contemporánea, o exilio e a emigración. "Dun Daniel a outro, vai a condición deste paÃs como camiño de peregrinacións, como Fisterra atlántica, como porta de Europa e porto de saÃda cara o ancho mundo", destaca Villares.
As preguntas
A mostra está organizada de xeito fundamentalmente visual, de xeito e a parte escrita só supón un dez por cento do contido total, que está artellado en cinco partes, As catro primeiras queren responder cadansúa pregunta básica sobre Galicia, recorrendo en cada caso a diferentes representacións gráficas e á proxección dun vÃdeo. Deste xeito, a primeira delas, "¿Onde estamos?" represéntase a través dos tipos de clima, da situación xeográfica no Atlántico e a organización territorial. Nesta sección pódese ver un vÃdeo titulado "O son da Rianxeira", realizado coa TVG, no que sen amosan diferentes personaxes que cantan por tramos esta famosa canción. A sección segunda, centrada na idea de "¿Quen somos?" analiza a historia do noso paÃs prestando especial atención á nosa lingua coma elemento de identidade e á emigración coma un dos procesos que máis caracterizaron o noso pobo. Unha terceira parte amosa “¿Como somos?” a relación entre o home e o seu contorno en Galicia, o que comprende desde o medio natural até os xeitos agrÃcolas e pesqueiros e as tradicións. "¿Que facemos?" é a cuarta sección, que a partir do Camiño de Santiago e da súa historia, tenta explicar a situación económica actual do paÃs, prestando unha especial atención á industria musical da nosa terra. O vÃdeo que acompaña esta sección amosa unha evolución da arte galega a partir da estatua de Daniel que dá o tÃtulo á mostra.
Tópicos e diálogos
Finalmente, a última das partes desta mostra céntrase en amosar os tópicos que existen sobre o paÃs desde os tempos dos romanos até os nosos dÃas. Unha das peculiaridades deste espazo é a existencia dunha zona de gravación onde os visitantes poderán deixar constancia da imaxe que tiña sobre Galicia antes e despois de ver a mostra. Alén da exposición, o Consello da Cultura Galega aproveitará a súa presenza no Fórum para celebrar mesas de debate con persoeiros da cultura galega e catalá. Serán os chamados "diálogos culturais", cos que se pretende, como sinala Villares, "fomentar un diálogo intercultural no que a diversidade lingüÃstica, antropolóxica, histórica e cultural sirvan de puntos de encontro e non de ferramentas de exclusión".
Peregrinación
"O sorriso de Daniel" estará en Barcelona como parte do circuÃto de actividades do Fórum durante tres semanas e logo comezará a súa peregrinación polas cidades máis importantes da PenÃnsula. Durante o mes de agosto poderase ver en Santander, no marco das actividades da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, e logo continuará o seu itinerario por Madrid, Sevilla, Valencia, Bilbao, Lisboa e Porto. Un longo percorrido co que os organizadores queren presentar Galicia na súa complexidade, liberada de tópicos e propaganda, aos galegos na diáspora e sobre todo á outra moita xente que pode estar interesada en coñecer un pouco máis a Comunidade galega.