"Un dos máis grandes artistas galegos do século xx cunha gran teima: recuperar a memoria das vÃtimas do 36". Asà define o departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra o artista Xosé Conde Corbal. A coincidir co que serÃa o centenario deste autor, a institución provincial homenaxéao cun programa que inclúe a reedición do seu Fardel da guerra, unha exposición destas pezas e mais unhas xornadas que se desenvolverán entre os vindeiros 21 e 22 de abril.
Segundo lembra a Deputación, Conde Corbal realizou entre os anos 70 e 80 do pasado século un total de 88 láminas sobre o golpe de estado de 1936 que autoeditou baixo o tÃtulo de Fardel da guerra. Nestas obras, "atópanse todas as tipoloxÃas posibles de vÃtimas: persoas asasinadas, presas, fuxidas no monte, rapadas, nais chorando pola marcha do fillo á guerra ou criaturas loitando contra a fame nos comedores do Auxilio Social. Pero tamén lles pon rostro aos verdugos e ao seu xeito de proceder: hai gravados da lectura do bando de guerra, da sección feminina, de falanxistas percorrendo as vilas brazo en man para sementar o terror, dos señoritos de Pontevedra instigando 'paseos'...".
A coincidir cos 36 anos da exposición que acompañou aquel lanzamento, a entidade provincial realizará unha reedición de luxo dos gravados comentados por persoas do mundo da investigación, a memoria, a literatura, a poesÃa e a música baixo o tÃtulo O fardel da memoria de Conde Corbal. Ademais, a partir do 21 de abril unha mostra destas pezas poderá verse no vestÃbulo do Pazo da Deputación de Pontevedra.
Nesa mesma data comezarán unhas xornadas sobre Arte e Memoria, que centrarán a súa primeira sesión na obra de Conde Corbal e a segunda, o dÃa 22, na relación da arte coa memoria histórica galega. O programa inclúe a proxección do documental MarÃa Casares, a muller que viviu mil vidas e a dramatización dun texto arredor da actriz a cargo de Belén Constenla.