Localizan outro posible cemiterio de ingleses en Camelle

Acollería aos afogados do mercante inglés City of Agra

O investigador camariñán Rafael Lema fixo público o achado do posible cemiterio do vapor inglés City of Agra, que naufragou nas costas de Camariñas en 1897, tras cochar coa Pedra Negra. O cemiterio, hoxe no medio dun bosque, está moi próximo ao camiño tradicional que unía Camelle con Arou, nun lugar que os vellos coñecían coma "O Cemiterio". Este cemiterio acollería aos náufragos deste cargueiro inglés, que viaxaba cara Calcuta para mercar animais de circo (desde elefantes, leóns, etc.). En Camelle tamén está o máis coñecido Cemiterio dos Ingleses que acolle aos náufragos do Serpent.