Pontevedra organiza as III Xornadas de Patrimonio Rural

A participación social é o eixo central desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Misión Biolóxica de Galicia, na parroquia de Salcedo, acolle as III Xornadas de Patrimonio Rural que organiza o concello de Pontevedra. Celebraranse entre o xoves 3 e o sábado 5 de abril e inclúen a participación de expertos galegos e non galegos vinculados a proxectos de patrimonio e participación, tanto desde a perspectiva institucional coma do tecido asociativo.

Deste xeito, falarán Manuel Caamaño Suárez, sobre “O patrimonio galego das construcións rurais da etapa preindustrial”, Ángel Portolés Górriz, coordinador do proxecto Patrimoni de revalorización do patrimonio cultural no medio rural de Castellón, ou Manuel Gago, sobre "Patrimonio, participación e comunicación". Participarán tamén moitas asociacións vinculadas a proxectos de valorización, coma O Sorriso de Daniel, o Instituto de Estudos Miñoranos, Lugo Patrimonio ou o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, ademáis de proxectos institucionais coma o Museo Aberto de Carnota, a Vila Romana de Currás ou o Proxecto Alto Támega.

A inscrición, gratuíta, realízase no enderezo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu, indicando nome, apelidos e teléfono.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, Manuel Caamaño, Manuel Caamaño Suárez, Manuel Gago...