A segunda edición de No Bico un cantar homenaxeará a Curros Enríquez

O Consello da Cultura promove un concerto que xuntará 500 nenos cantores en Celanova

12/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

“O que se aprende cantando non se esquece máis” apuntaba Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura e director do concerto que Leva por título No bico un cantar. É a segunda edición deste proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellaría de Cultura e Vegalsa Eroski que consiste nun recital de 500 nenos de conservatorios e escolas de música para cantar poemas de Curros Enríquez con música de autores contemporáneos. “O éxito da iniciativa foi testado en 2013 e este ano terá outro formato” explicaba Ramón Villares, presidente do CCG, para referirse a este proxecto que xunta poesía, música e mocidade. A cita terá lugar o 6 de xuño en Celanova.

O concerto será dirixido por Maximino Zumalave, quen destacou o valor desta actividade para achegar o noso patrimonio cultural aos máis novos. Nese sentido, quixo destacar que "en pouco tempo teremos un repertorio preparado ao alcance de todos os coros de Galicia". Rosario Álvarez, a vicepresidenta do Consello, é a encargada do aspecto literario deste concerto que tivo a súa primeira edición en 2013. Daquela, aproveitando o Ano Rosalía (cumpríanse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos), 500 nenos cantaron versos da poeta nun concerto celebrado en San Domingos de Bonaval.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Maximino Zumalave, Ramón Villares, Artes Escénicas...