Atalaia é xa un importante catálogo para coñecer a arte contemporánea do paÃs. Coincidindo co Festival de las Mujeres e as festividades do 8 de marzo, a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas propúxolle a dúas artistas, Renata Otero e Basilisa Fiestras, unha lectura en clave de xénero do catálogo.
Segundo Renata Otero, "sinto que os tempos que vivimos deixan claro que o feminismo é mais necesario que nunca. Comparando o número de galegas licenciadas en Belas Artes e comprobando a pouca presencia que teñen nos principais museos de Galicia e do estado resulta obvio que as artistas femininas están nunha situación de desigualdade. Pero tamén depende de nosoutras. Canto mais falemos do traballo doutras creadoras, mais consciente será a sociedade da nosa existencia". Otero achégase no seu itinerario a artistas como Mar Caldas, Victoria Diehl ou AntÃa Moure.
Pola súa banda, Basilisa Fiestras decide escoller como núcleo vertebrador un material. "As labores textÃs, que nos remiten incoscientemente ao femenino, representaron sempre unha das expresións artÃsticas primarias de todas as culturas", sinala a artista, "se na realidade comúnmente aceptada o material aquà empregado é tratado dun modo afable e decorativo, neste novo espazo prodúcese un xiro que responde de unha forma desafiante ás diversas inquedanzas das artistas propostas. As telas son queimadas, deformadas, alteradas con bordados, cosidos, cortes...".