Quiosco: Escrita contemporánea

Publícanse as actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral

Co título de "Historias, mitos e monstros do Mar de Galicia", a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) editou na súa revista Escrita Contemporánea as actas da VI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Relatorios sobre naufraxios e xentes do mar, a cargo de Xosé Lois Vilar, Hixinio Puentes, Xurxo Souto ou Rosa García-Orellán. As actas pódense descargar integramente.