Hai trinta anos, o xornalista Carlos Reigosa publicou en Xerais a novela Crime en Compsotela. SerÃa o punto de partida do xénero na literatura galega. "Trinta anos despois, e nunha fase na que o xénero está a experimentar unha grande expansión e popularidade, o CCG abre un espazo de reflexión e análise sobre as particularidades dun modelo creativo que xa é moito máis ca un fenómeno literario", aseguran as organizadoras, Teresa López e Dolores Vilavedra. Na xornada participarán escritores como Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, Carlos Reigosa, Elena Losada, Domingo Villar, Montse Dopico, Diego Ameixeiras ou Miguel Anxo Fernández.