A edición máis lÃrica e intimista de Cantos na Maré, que se celebra o vindeiro 11 de setembro, contará con actividades de formación paralelas. Unha charla musicada de Amancio Prada o dÃa 10, un encontro con UxÃa, Najla Shami, Marina Seoane e Ainoa Calvo o 9 e unha sesión formativa para estudantes de imaxe e son son algunhas das propostas que se desenvolven arredor do recital. Amancio Prada, Vitor Ramil, Gabriela Mendes, Luiz Caracol e Budiño, acompañados como é habitual por UxÃa, na dirección artÃstica e por Paulo Borges na musical, compoñen o cartel desta nova edición. Precisamente Ramil presentará o seu novo traballo, o disco e o songbook Foi non mês que vem na compostelá Casa das Crechas o 8 de xaneiro.