Dentro das múltiples presentacións que o Culturgal acolleu esta fin de semana, destaca unha orixinal aposta comunicativa. Nuns tempos nos que facer xornalismo en galego está a ser unha tarefa heroica, nace Luzes, unha revista que aposta polo papel e polos textos en profundidade fronte á brevidade que impera na rede. Iago MartÃnez, coordinador da iniciativa, fálanos sobre a nova cabeceira.
A recuperar en parte a cabeceira Luzes de Galiza, desaparecida en 1995, xorde da man dun grupo de activistas a nova proposta. Capitaneados por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, presentan unha ambiciosa publicación de 132 páxinas e un coidado deseño que pretende manter periodicidade mensual. Segundo explica Iago MartÃnez, coordinador da cabeceira, "a discutir o tipo de produto que nos gustarÃa facer chegamos á idea de que nos apetecÃa crear un lugar que fose acolledor para o xornalismo e para os xornalistas aos que nos gusta ler e traballar. A verdade é que o resultado é case o único produto posible para nós".
Textos longos
Nos contidos dáse unha aposta clara pola información e análise, cunha ampla presenza da cultura cun suplemento, República que ocupará aproximadamente a cuarta parte da revista. "Queremos textos de non ficción que van da crónica xornalÃstica ata creación literaria moi apegada á realidade. Temos por exemplo unha serie de artigos sobre as partes escuras dalgunhas cidade que inicia Jaureguizar a falar do Lugo da Operación Carioca". Trátase de textos longos, que poden chegar ás 12 páxinas e que fan da nova cabeceira un refuxio para un tipo de xornalismo difÃcil de atopar hoxe noutros medios. Canda a isto, a opinión conta nesta primeira entrega con apenas seis artigos, unha tendencia que se manterá de cara ao futuro.
Contracorrente
Non cabe dúbida que a aposta de Luzes vai en grande medida contracorrente. Tanto a edición en papel como a cantidade de contidos en cada entrega ou a lonxitude dos textos semellan desafiar a idea dun tempo no que o breve, o instantáneo e o virtual se impoñen. "As dificultades de facer unha revista deste tipo son tamén as condicións que a posibilitan. Pensamos que o único xeito de facer viable un medio no que se poida facer xornalismo de actualidade e remunerado serÃa cun produto deste tipo, caro de producir e que terá un público moi limitado, pero é que na rede faise moi difÃcil cobrar polo traballo". Entre os factores de diferenza do novo proxecto, o coordinador destaca que "hai un diálogo entre editores e colaboradores que se perdeu na prensa convencional. Cómpre reescribir moitos textos".
O contexto das Luzes
A crise, como non, estivo e está presente na xestación do proxecto. "Vivimos unha crise feroz no campo do xornalismo, e nin os grandes empresarios que sempre se lucraron con sector saben como seguir a facelo. A dÃa de hoxe a sociedade non considera necesario o xornalismo, e en boa medida a culpa é dos xornalistas, que lles seguimos o xogo a eses empresarios e non á cidadanÃa, que finalmente é o titular do dereito á información".
A minorÃa necesaria
Conscientes pois, de se dirixir a unha minorÃa, a nova revista recoñece explicitamente que, aÃnda que atenderá os intereses do seu público, traballará tamén por pór sobre a mesa as cuestións que considere necesarias. "Será un público ao que lle guste ler, e que acha en falta textos de certa lonxitude. Xente que aprecie pasar as páxinas dun libro e as diferenzas entre papeis, e que está disposta a pagar dez euros ao mes por un produto destas caracterÃsticas". Nese sentido, o deseño cobra unha especial importancia na publicación. "Contamos cun proxecto gráfico moi pensado para que a lectura resulte agradable, que se poida gozar", explica MartÃnez.
Acollida
Malia á perspectiva dun público minoritario, o proxecto acadou sobradamente e no prazo previsto os 500 subscriptores que reclamaba para botar a andar, conseguiu unha importante presenza en medios e redes sociais e esgotou todos os exemplares que levou ao Culturgal. "Cando en agosto presentamos o proxecto unicamente cun prototipo do que pensabamos facer comezamos a recibir moito feedback, presubscricións e atención. E iso fÃxonos ver que pagaba a pena o esforzo". De novo a situación actual do xornalismo en Galicia apóntase como en parte responsable da expectación que xera Luzes. "Estamos nunha época de desposesión, cos medios privados en caÃda libre, os públicos secuestrados e os que están en galego aniquilados ou abandonados polos lectores" recoñece MartÃnez. "Nesta situación é normal que calquera xesto esperte demandass que ata poden ser desproporcionadas. Penso que é un sÃtoma da época, pero desde logo etá calro que o afecto que recibe a revista ten moito que ver coa credibilidade de que teñen Pereiro e Rivas, iso sen dúbida é un feito diferencial".
Primeira entrega
Nesta primeira entrega, a privatización do ensino ocupa un espazo destacado do volume, canda a entrevistas con Saleta Goy e Patricio Guzmán, un adianto do vindeiro traballo de AgustÃn Fernández Paz ou unha análise dos mitos da resistencia antifranquista entre outros temas.
Os interesados en conseguir a primeira entrega do novo proxecto poderán facerse con el en 100 puntos de venda, entre librarÃas e quioscos de todo o paÃs, ou subscribirse con descontos sobre o prezo de portada.