A ConsellerÃa de Cultura e Educación da Xunta de Galicia informou de que esta semana superouse o millón de visitantes na Cidade da Cultura desde a súa apertura hai tres anos. A cifra de visitantes increméntase de xeito moi paulatino, recibindo o primeiro ano 331.892 persoas, en 2012 332.847 e no que vai de 2013 a cifra de 338.261. Cultura atribúe este crecemento á "aprobación durante o 2012 do Plan Gaiás –programa marco que establece os obxectivos e prioridades da Cidade da Cultura ata o ano 2018-, a posta en marcha dunha programación cultural estable, de calidade e para todos os públicos e da optimización do uso dos espazos do complexo para organización de eventos especiais, institucionais, sociais e empresariais".