O Gaiás supera o millón de visitantes anuais

Organizou 700 eventos e actividades culturais neste ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Gaiás supera o millón de visitantes anuais

O Gaiás publicou o seu balance anual, no que contabilizou máis de 700 eventos e actividades culturais que convocaron a máis dun millón de persoas, e no que destaca a "expansión da actividade" derivada dunha "itinerancia dos seus contidos" e unha "maior capacidade para organizar eventos institucionais, empresariais e sociais". Neste sentido, destacou o programa expositivo Cidades no tempo, con exposicións nas cidades galegas, así como a rotación doutros contidos. O Gaiás tamén destcatou que o Museo Gaiás tivo máis de 100.000 visitantes no 2023, con exposicións como Camiños creativos ou Luz na Terra, a exposición do centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos. O Gaiás tamén destacou o inicio da construción do Centro galego de artes dixitais. O Gaiás estimou a cifra de participantes nos diferentes programas, actividades e eventos en máis dun millón de persoas, en consonancia coas cifras do ano anterior.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Cidades no tempo, Seminario de Estudos Galegos, Museo Gaiás...