Ignacio Santos anuncia a súa saída da Cidade da Cultura

A súa saída terá lugar trala presentación do Plan do Gaiás ata o 2018

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Chegou desde a dirección do Festival de Benicassim para facer fronte ao último ano Xacobeo. De aí, da man do anterior conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pasou a xestionar a Acción Cultural da Cidade da Cultura co reto de “pór en marcha a programación para o segundo semestre de 2011 e elaborar o Plan Gaiás 2012-2018”. Agora, cos deberes cumpridos, Ignacio Santos afirma que se marcha. Así o asegura un comunicado remitido pola consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A súa saída terá lugar despois da presentación do “Plan do Gaiás”, documento que contén a folla da ruta desta entidade desde 2012 ata 2018. A nota non indica quen será o substituto de Santos neste posto.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Roberto Varela, Ano Xacobeo, Educación...

Claves

Protagonistas
Lugares