Ignacio Santos dirixirá a acción cultural do Gaiás

O ata o de agora xerente do Xacobeo foi seleccionado entre catro candidatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

O concurso para seleccionar o Director de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura xa ten vencedor. Ignacio Santos, ata o de agora xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo foi seleccionado entre os catro candidatos que se presentaron á convocatoria pública para o posto. Entre as súas responsabilidades estará, segundo anunciou Cultura, "a planificación, coordinación e xestión da programación cultural, a elaboración dun Plan de Marketing e Comunicación tanto para o complexo arquitectónico como para os contidos e a implementación dun sistema para optimizar a xestión dos visitantes da Cidade da Cultura cun alto nivel de excelencia".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares