O Xacobeo recuperará o firme e os albergues do Camiño Primitivo

Un investimento de 4 millóns de euros porá en marhca o Plan Corrector

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Catro millóns de euros destinaranse á recuperación do Camiño Primitivo a Santiago. O xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, anunciaba onte o investimento na súa comparecencia ante a Comisión de Cultura do Parlamento. Os cartos destinaranse a reparación do firme, sinalización, mantemento e mais en reparacións e adecuación de albergues. A nivel patrimonial, prevense accións para restaurar bens na parroquia de Santa Cruz de Retorta (Guntín), Santiago de Prógalo, San Miguel de Bacurín (Lugo) e mais a Igrexa do Carmo nesa mesma cidade.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Xacobeo, Lugo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares