O Pórtico do Paraíso terá que agardar pola súa rehabilitación

O xerente do Xacobeo anunciou que non farán investimentos no ben este ano

12/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O anterior responsable do Xacobeo anunciara a súa intención de achegar 250.000 euros á rehabilitación do Pórtico do Paraíso, na Catedral de Ourense. O pasado mes de febreiro, a Comisión Cuarta do Parlamento lle solicitou ao Goberno que iniciase de xeito inmediato as obras para recuperar este ben patrimonial. Malia a isto, o conxunto non verá neste 2010 traballos de rehabilitación. Así o anunciou o pasado sábado Ignacio Santos, xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo durante unha visita á cidade. Segundo el, o anterior responsable do Xacobeo non deixara investimentos consignados con este fin, e ao longo deste ano a Sociedade priorizará o investimento en actividades culturais e mais na mellora dos Camiños Xacobeos.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Catedral, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares