A Cidade da Cultura acaba de anunciar a posta en marcha do proceso participativo para elaborar o II Plan Estratéxico do complexo do Gaiás. Segundo recolle o web da entidade, nesta iniciativa "participarán 60 expertos, especialistas nas diferentes áreas nas que opera a Cidade da Cultura (cultura, tecnoloxÃa, turismo, emprendemento, natureza...)" aos que se engadirán 600 enquisas en liña para "escoitar a opinión da cidadanÃa". O documento que saia desta proposta marcará a dirección do complexo ata 2027.
Como principais retos "o impulso ao sector cultural, a internacionalización, asà como o papel da Cidade da Cultura como factorÃa de contidos culturais para toda Galicia, na liña do que se está a facer coas exposicións, producindo mostras que logo se exhiben noutros espazos da comunidade. Xunto a estes obxectivos, o plan abordará a integración do Fontán, e con el o apoio á investigación universitaria, especialmente no eido dos estudos do patrimonio".