A Cidade da Cultura saca a licitación o seu novo Plan Estratéxico

A procura de novas fontes de financiamento preséntase como a prioridade do novo documento

4/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A plataforma Contratos de Galicia publicaba este 3 de novembro a convocatoria para licitar a redacción do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. Cun orzamento de 59.487,63 euros, o novo documento solicita como prioriedade "a busca de novas formas de financiamento" para o complexo, segundo recollen as bases. Canda a isto, as entidades interesadas na adxudicación deberán ter en conta os principios de do acceso á cultura, a visibilización do Gaiás "no propio territorio e no exterior a través de plans de comunicación e sensibilización, a "aposta estratéxica polas industrias culturais e creativas impulsoras da innovación exeradoras de valor engadido, e fortalecemento dos contidos culturais dixitais" ou o "favorecemento dos proxectos que vinculen a cultura e a arte con proxectos de transformación social".

A convocatoria responde ao "remate da vixencia do plan estratéxico anterior(ano 2012-2018), e a necesidade de actualizar as previsións alí contidas e adaptalas, entre outras,ás novas orientacións definidas na estratexia da Xunta de Galicia no ámbito da cultura para os vindeiros anos". O prazo para presentar propostas finaliza o vindeiro 18 de novembro.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia