Durante boa parte do século XX foron a base da vida musical de boa parte do noso paÃs. Logo de anos de decadencia e dun perÃodo de recuperación, a Bandas de Música están agora mesmo nun dos seus mellores momentos, conquistando novos espazos de recoñecemento público e académico. O Consello da Cultura Galega dedicáballe a semana pasada unha xornada a analizar a historia e situación destas formacións.
“As bandas son un aspecto máis da nosa cultura que ademais tivo un impacto enorme, tanto a nivel histórico como na actualidade”, reclama LuÃs Costa, coordinador de As bandas de música na cerna da cultura popular de Galicia, o encontro que se celebrou o pasado venres no Consello da Cultura Galega a coincidir coa celebración, a pasada fin de semana, do VII Certame Galego de Bandas de Música. O encontro, segunda apunta Costa, “tentou normalizar este espazo da cultura como un ámbito de investigación e reflexión”. E é que, malia a indubidable importancia destas formacións, “ata hoxe practicamente non hai investigación académica” sobre este campo. Encol dese relativo esquecemento académico sobre este mundo, Costa apunta que “na investigación da música culta o mundo de referencia é a orquestra. A banda, pola súa natureza máis popular e polos propios espazos abertos nos que actuaba tivo maior dificultade para ser valorada desde a oficialidade”.
Investigacións
Precisamente, con vistas a paliar estas carencias, a xornada contou con dous dos poucos autores que abordaron de xeito especÃfico este mundo, como Sergio Noche, autor da primeira tese doutoral sobre unha banda de música, a de Ourense. “Un traballo que marca un fito de normalidade e amosa como se pode abordar esta realidade desde o ámbito académico”, lembra Costa. Canda a el, tamén se expuxo o traballo de Xosé Ramón Paz Antón sobre as bandas da zona do Porriño. “É moi interesante porque analiza como esas bandas fan parte dun universo cultural e como xeraron uns hábitos de consumo musical que foron moi relevantes”. Tamén participou neste encontro Xosé Carlos Seráns, Director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música e antigo directivo da mesma, quen analizou a actualidade deste sector. Non son nin moito menos os únicos, e en Culturagalega.org xa nos temos feito eco doutras investigacións como a de Federico Vázquez sobre as bandas populares no rural.
A importancia
Contrasta con este relativo esquecemento o impacto que as bandas teñen sobre a nosa realidade sonora. “Non hai moitas dimensións da cultura musical con tantos participantes implicados”, lembra Costa. E é que falamos de preto de 5.000 persoas que fan parte dun xeito ou doutros destas formacións. “AÃnda que ámbitos como o folk ou as orquestras poden ter máis presenza ou ser máis mediáticos, na realidade non contan con tanta participación”. De xeito paralelo, a acción formativa que as bandas teñen a nivel musical no conxunto da poboación tense sinalado en diferentes ocasións para explicar a grande cantidade de grupos musicais que xorden en Galicia nos últimos anos. Ademais, o repertorio e os instrumentos destas formacións deixaron unha pegada fundamental na evolución da música popular, nun intercambio que hoxe está a se reivindicar desde diferentes grupos folk.
A historia
“Son un elemento fundamental para comprender a música galega dos últimos 150 anos”. Nadas no século XIX como herdeiras das bandas militares, as bandas fixéronse eixe das celebracións populares ata ben entrado o XX. “Ata a Guerra Civil e na posguerra, a única posibilidade de escoitar música era ao vivo. Logo dos anos 50 e 60 muda a situación. A vaga migratoria tivo un forte impacto demográfico, e moitas bandas desfixéronse porque os seus membros emigraron. Por outra banda houbo mudanzas nos hábitos de consumo, coa aparición da radiodifusión, o son gravado e, a partir dos 60, o son amplificado. Isto deu tamén en mudanzas nos gustos e que as bandas fosen perdendo terreo”.
O rexurdir
No entanto, houbo unha segunda oportunidade para as bandas. “A partir dos anos 80 esta situación vai revertendo. No contexto de revitalización da vida civil e cultural que se estaba a dar, moitas bandas que desapareceran pero das que quedaba memoria refundáronse, e apareceron outras novas”. Parello a isto, déronse melloras no nivel de vida que permitiron a adquisición de instrumentos e o acceso a unha mellor formación para os músicos. “A Xunta, os concellos e outras entidades promoveron escolas de m´suica, e con este ecosistema deuse un rexurdimento”. No entanto, as bandas tamén se transformaron. “Pasaron de ser as tradicionais que tocaban nas festas e abandonaron en boa medidas repertorios como a zarzuela ou o pasodobre para se orientar máis á música sinfónica para banda e un repertorio de concertos máis próximo ao das bandas do norte de Europa”, lembra Costa.
O presente
A situación actual desta forma musical é, para o coordinador deste encontro, “boa e esperanzadora, aÃnda que case non hai agrupacións profesionais, si hai moita xente que fan das bandas parte da súa vida”. De xeito paralelo á aceptación popular, Costa sinala o bo nivel que existe. “A falta de profesionalización non implica un menor nivel artÃstico, e en xeral o nivel é alto. Recentemente unha banda de Meaño, que é un concello pequeno, gañou un certame europeo en Holanda”. A coincidir coa situación de crise económica, chama a “aproveitar a ocasión para botar unha ollada sobre o que temos e aprender a valoralo”.