As bandas de música acadaron nos últimos 150 anos unha importancia fundamental na configuración da nosa identidade sonora. Xa como escola de formación de intérpretes, xa a difundir e mesturar música tradicional e culta, estas formacións marcaron de xeito indeleble o devir da nosa cultura. Unha tese doutoral pioneira analizou a xa longa historia da Banda Municipal de Ourense, e atopou algunhas sorpresas.
Sergio Noche é o autor da primeira tese doutoral que se ten realizado no noso paÃs sobre o tema das bandas de música, que leu recentemente no seo da Universidade de Vigo. AÃnda que, segundo recoñece, non é un ámbito ao que se lle teña prestado muita atención na análise histórica e musical, “as bandas teñen unha dimensión fundamental da música de Galicia nos últimos 150 anos, e con este traballo querÃa render unha homenaxe aos músicos e directores que fixeron historia da música no paÃs contando con moi escasos medios. En casos como a de Ourense tiveron unha importante función pedagóxica como escola de música en paralelo á actividade da banda”. Canda a isto, a nivel social, as bandas durante moitos anos ocuparon un papel fundamental na programación musical de vilas e cidades. “FacÃan música para acompañar todo tipo de actos. Desfiles, actos relixiosos, concertos periódicos e mesmo actos festivos como romarÃas e verbenas. Tiñan un papel moi importante”. A maiores, segundo engade este investigador “hai que decatarse de que os arquivos destas bandas supoñen auténticos tesouros do patrimonio musical que están aÃnda pendentes de investigar”.
Peso crecente
No seu caso, a investigación centrouse na Banda Municipal de Ourense, unha formación que non foi pioneira, xa que a banda de Compostela ou da Coruña son anteriores. Nese sentido, Noche destaca que ao longo do tempo foi incrementándose o número de formacións deste tipo en todo o paÃs. “Tanto naquelas que contan con apoio institucional, como as municipais como no caso das agrupacións populares, vai aumentando o número e a cantidade de músicos que participan” nesta actividade, e tamén a pegada destes grupos nas programacións e na música do paÃs. No momento en que remata a análise de Noche, en 1955, as bandas tiñan un papel aÃnda máis importante do que no momento do seu nacemento. “Desde a súa fundación ata as primeiras décadas do século XX, practicamente a influencia da banda queda restrinxida á vida da cidade e a poboacións limÃtrofes. Segundo pasa o tempo, vai expandindo a súa área de actuación, vai gañando concursos e ten contratos para actuar noutras provincias, mesmo para varios dÃas”, explica.
Demanda social
No caso ourensán, e segundo verificou este investigador a partir dos fondos dos arquivos da banda, o concerto de estrea celebrouse o 19 de xuño 1878. “Nace a raÃz dunha conversación do Gobernador Civil da Provincia, Bartolomé Molina, coa corporación municipal a comezos de maio. Aà manifesta o seu interese en que se cree unha “banda uniformada de música” como di el, baixo o amparo da corporación municipal”. Deste xeito, a constitución do grupo foi moi rápida. “El mesmo se implicou buscando compoñentes e mesmo costeando algúns dos uniformes”. O interese por contar cunha banda veu determinado en boa medida por unha cuestión económica e á intención de responder a unha demanda social. “No caso de Ourense en todas as festividades e actos que habÃa na cidade contratábanse bandas doutras poboacións, como Ribadavia, por exemplo. Entón viron que o público desexaba que houbese unha formación que puidese desenvolver esas funcións. E comparando o gasto de contratar formacións e manter unha banda propia viron que podÃa compensar”.
Formación e repertorio
Desde o seu nacemento a finais do século XIX ata a actualidade, estas formacións sufriron, como non, unha certa evolución. No caso de Ourense, “detéctase un incremento no número de músicos, comezou con 25, a comezos de 1900 xa chegaba case a 40. Tamén foi mellorando o instrumental e o nivel técnico-artÃstico”. En canto ao repertorio “nos primeiros tempos predominaba o traballo dos directores da agrupación, con moitas composicións propias ou mesmo transcricións dos clásicos, versionando Beethoven, óperas ou zarzuelas”. Co avance do século XX foise incrementando a presenza de material adquirido nas editoriais de música impresa nos fondos das bandas. Malia á súa relación coa música denominada culta, estas formacións serviron tamén como ponte coas formas tradicionais. “Ao haber moito traballo de directores de agrupacións, nos programas de concertos adoitaban figurar páxinas musicais galegas, entón si habÃa unha clara relación”.
Curiosidades e tesouros
Como curiosidade na investigación “son rechamantes os procesos de oposicións para novos músicos. Moitas veces contiñan certas particularidades para favorecer a un ou a outro aspirante”. Pero sobre todo destacarÃa o traballo no arquivo musical da agrupación. Cando comecei a investigación en 2008 traballaban cun arquivo de partituras de 431 obras. No momento en que finalizamos puidemos contabilizar un total 1714 rexistros”. Entre estes máis de 840 autores e 283 textos manuscritos. Entre estes partituras de Ricardo Gurtier, de Juan Iglesias Bragado, Henrique Fernández, todos eles directores da banda, e como grande sorpresa o pasodobre RÃo Miño de Reveriano Soutullo que se crÃa desaparecido e que pensamos foi composto antes de 1929.
Recoñecemento e investigacións
Noche recoñece que encol do mundo e a historia das bandas de música “existe un certo descoñecemento e esquecemento” que mesmo se prolonga ata a actualidade. “As bandas están algo máis recoñecidas, pero penso que durante estes 150 anos as bandas erixÃronse como os auténticos conservatorios galegos. Foron os centros de formación que deron en viveiros de bos músicos. Entón o que penso é que deberÃa existir un maior número de bandas amparadas polas institucións públicas, nomeadamente os Concellos. En Galicia a nivel profesional mantense a da Coruña e a de Santiago, pero deberÃan existir máis formacións deste tipo, por exemplo en Vigo, onde hai un importante número de músicos de grande nivel e non ten unha banda municipal onde o poidan demostrar”.
De cara ao futuro o autor manifesta o seu interese por continuar a investigar este mundo. Canda a el, outros investigadores como Federico Vázquez, gañador da edición do premio Condado de Pallares de 2012 cun traballo sobre as bandas populares de GuntÃn, traballan para coñecer e dignificar este mundo.