O Instituto Cervantes, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia organizan os próximos 22, 23 e 24 de outubro na sede central do Instituto Cervantes en Madrid, unha homenaxe á poeta e novelista RosalÃa de Castro con motivo dos 150 anos da publicación da súa emblemática obra «Cantares galegos». Conferencias, debates e un concerto a cargo de Amancio Prada son os actos que se realizarán. O ciclo RosalÃa de Castro: Tradición e modernidade componse dun conxunto de conferencias, coordinadas polo crÃtico Anxo Basanta, nas que intervirán os poetas Luis GarcÃa Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova, e os escritores Carlos Reigosa e Mariña Maioral. Ao ciclo súmaselle un concerto do compositor e cantante Amancio Prada sobre a obra de RosalÃa de Castro. Luis GarcÃa Montero, Premio Nacional de PoesÃa, será o encargado de realizar a conferencia inaugural o 22 de outubro, ás 19.00 h. Posteriormente, ás 20.30 h, o compositor e cantante Amancio Prada pechará a xornada cun concerto en homenaxe á escritora galega.