Nos últimos anos, a gastronomÃa está a ocupar un lugar cada vez máis destacado como parte da cultura e da proxección internacional dun paÃs. En Galicia, é sobranceiro o traballo de visibilización dos cociñeiros do Grupo Nove, que engadiron modernidade e novas técnicas aos ancestrais produtos e pratos de Galicia. Hoxe, o Grupo Nove celebra o seu décimo aniversario cunha gran demostración de cociña na Cidade da Cultura. Xa non son nove, pero manteñen vivos os ideais do momento.
No ano 2003, un grupo de novos cociñeiros con negocios recén creados –ou transformados tras asumiren a sucesión familiar- presentaron no Museo de Arte Contemporánea de Vigo o Grupo Nove. Tratábase dunha asociación que tiña como fin facer visible unha nova filosofÃa da cociña galega, que respectaba a visión tradicional da gastronomÃa galega pero pulaba por actualizala con novas técnicas, produtos e elaboracións ubicadas no ámbito da cociña internacional, e sobre todo, na modernidade.
Deste xeito, apareceron técnicas da cociña francesa, a fusión coas cociñas asiáticas e americanas ou a investigación ao redor de produtos e especies senlleiras da nosa gastronomÃa coma os cefalópodos (Antonio Botana), a pescada (Marcelo Tejedor acadou cunha elaboración de pescada de Celeiro o premio a mellor prato da década en España pola prestixiosa feira Madrid Fusión), ou a fusión entre o peixe de rocha e a cociña mexicana (Pepe Solla).
O Grupo Nove viviu tres ampliacións nestes tres anos que supuxeron a entrada de novas xeracións formadas, moitas delas, en restaurantes dos primeiros integrantes da asociación. Na actualidade, 21 cociñeiros integran esta asociación, sen dúbida pioneira á hora de construÃr unha marca de calidade asociada á ociña galega capaz de crear visibilización internacional.
Unha demostración das súas especialidades
O Grupo Nove está a presentar o seu décimo aniversario cunha publicación na que se recollen receitas, produtos fetiche dos cociñeiros e un repaso á súa historia e encaixe dentro da cociña galega. Tamén celebrarán esta noite un showcooking con 800 convidados na Cidade da Cultura no que, a través de 21 tapas, se coñecerán as claves da súa cociña.
O futuro do Grupo Nove
Unha das claves da evolución dos cociñeiros do Grupo Nove é a súa interacción, cada vez maior, cos produtores. Nunha entrevista recente, Pepe Solla declaraba que “o cociñeiro é cada vez parte dun fenómeno máis global”, en referencia ao auxe dunha produción agropecuaria de calidade, coñecementos de marketing e exportación. Deste xeito, moitos dos membros do Grupo están a manter unha relación máis estreita cos seus proveedores directos, cos que colaboran no deseño de novos produtos ou na recuperación de variedades e especies.