A seguir unha longa tradición de adaptacións musicais de RosalÃa de Castro, tamén ámbitos como a música clásica ou o folk fan parte do aluvión de novidades discográficas sobre RosalÃa que estamos a ver a coincidir cos 150 anos de Cantares Gallegos. Antigas composicións recuperadas súmanse a propostas contemporáneas e amosan o carácter contemporáneo dos textos desta autora. Fechamos a nosa serie de dúas reportaxes sobre os discos que están saÃr este ano.
A música clásica non fica allea ao aluvión de novidades musicais rosalianas. AsÃ, a Xunta acaba de anunciar a publicación de Cantares gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación. O volume recupera, da man do tenor JoaquÃn Pixán e do pianista Alejandro Zabala unha escolma de obras creadas por diferentes compositores ao longo do século XX a partir de poemas desta obra, ás que se suma un novo tema composto por Octavio Vázquez. Andrés Gaos, Juan Durán ou JoaquÃn Rodrigo son algúns dos autores que fan parte desta compilación, que se poderá escoitar ao vivo nun concerto o vindeiro 16 de outubro, ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Partituras
Na mesma liña o Consello da Cultura celebraba o pasado dezaseis de maio o concerto Aqueles doces cantares, que recollÃa trinta e seis pezas breves realizadas por compositores actuais a partir de versos da obras de RosalÃa. O traballo compilouse nun libro que recollÃa estas composicións, asà como os textos orixinais e a biografÃa dos autores. Pola súa banda, desde a editorial Dos Acordes lanzouse o libro Oito canções de Juan A. Moreno Fuentes sobre poemas de Rosalia. O proxecto recupera as adaptacións que realizara o Prefeito de Música e Coengo Maxistral da catedral de Lugo sobre textos da autora. A edición complétase cun estudo sobre o traballo musical desde autor e coa edición de Fernando Gómez Jácome.
Os que veñen: fusión e folk
Un dos achegamentos máis recentes arredor de RosalÃa foi a de Tiempo Cuatro, RosalÃa de Castro. Os Ollos que Falan. Unha fusión de jazz, música clásica e tango que, coa voz de Begoña Lorenzo se presentou o pasado vinte de setembro no Teatro Jofre de Ferrol e que está en proceso de produción para saÃr na forma de disco. En total son once os poemas que adapta este sexteto especializado en tango. Pendente de publicar anda tamén a achega de aCadaCanto a esta xeira de producións rosalianas. Guadi Galego, Xabier DÃaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero reunÃronse para gravar o pasado verán na catedral de Tui A Rosa d´Adina, un proxecto que se presentou ao vivo o pasado mes de agosto no marco do ciclo Música no Claustro e que verá a luz da man de Músicas de Salitre. O grupo mantén o seu estilo melódico e con aires folk neste seu segundo traballo, dedicado integramente á poeta.
Textos contemporáneos
Para Anxo Angueira, da Fundación RosalÃa, que se achegan á autora nos últimos tempos están a amosar “un maior coñecemento de RosalÃa, do mesmo xeito que se está a dar no mundo académico. Os seus múltiplos perfÃs parécennos hoxe perfectamente contemporáneos, sentÃmola máis do noso tempo e aplicámoslle fórmulas musicais actuais, o cal para min é extraordinario. Nos últimos lanzamentos atopamos versións clásicas, outras máis viradas para o folk e outras para o pop. O poder de creación do sector en Galicia é extraordinario e entón ata certo punto paréceme normal e moi positivo que haxa esta variedade”. Do mesmo xeito, Castro considera que o interese por musicar a poeta de Padrón, no entanto, está fóra de modas e de oportunidades editoriais. “Hoxe os músicos traballan a RosalÃa, pero dentro de cen anos seguirán facéndoo. Teño dúbidas de que pase con outros poetas, aos que ao mellor lles eclosionan adaptación a coincidir cunha efeméride, pero non é o caso de RosalÃa ou, por poñer outro exemplo, de Celso Emilio Ferreiro”.
Precedentes
O interese musical por RosalÃa que estamos a ver non é, nin moito menos, novo. A gravacións xa clásicas como as de Amancio Prada sumáronse nos últimos anos achegas menos ortodoxas como foron as versións que fixo Aid desde o hip-hop no seu disco Rapoemas, o jazz desde o que se xestou o proxecto RosalÃa 21 ou os aires roqueiros que Astarot ten prestado, en diferentes ocasións, a textos da poeta como Airiños Airiños Aires ou o multiversionado Negra Sombra. Precisamente, a ConsellarÃa de Cultura acaba de publicar o catálogo RosalÃa en vinte edicións discográficas, unha listaxe que repasa achegamentos musicais á poeta, e no que sinala esta última canción como “a máis gravada da música galega”. Desde a Agrupación ArtÃstica de Vigo, alá por 1930, a clásicos como Los Tamara ou Amancio Prada, historicamente foron moitas as propostas de se achegar a estes versos. Toda unha tradición que, como estamos a ver, ten traza de continuar.
Aqueles doces cantares Ãntegro no web do Consello da Cultura.A música clásica non fica allea ao aluvión de novidades musicais rosalianas. AsÃ, a Xunta acaba de anunciar a publicación de Cantares gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación. O volume recupera, da man do tenor JoaquÃn Pixán e do pianista Alejandro Zabala unha escolma de obras creadas por diferentes compositores ao longo do século XX a partir de poemas desta obra, ás que se suma un novo tema composto por Octavio Vázquez. Andrés Gaos, Juan Durán ou JoaquÃn Rodrigo son algúns dos autores que fan parte desta compilación, que se poderá escoitar ao vivo nun concerto o vindeiro 16 de outubro, ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Partituras
Na mesma liña o Consello da Cultura celebraba o pasado dezaseis de maio o concerto Aqueles doces cantares, que recollÃa trinta e seis pezas breves realizadas por compositores actuais a partir de versos da obras de RosalÃa. O traballo compilouse nun libro que recollÃa estas composicións, asà como os textos orixinais e a biografÃa dos autores. Pola súa banda, desde a editorial Dos Acordes lanzouse o libro Oito canções de Juan A. Moreno Fuentes sobre poemas de Rosalia. O proxecto recupera as adaptacións que realizara o Prefeito de Música e Coengo Maxistral da catedral de Lugo sobre textos da autora. A edición complétase cun estudo sobre o traballo musical desde autor e coa edición de Fernando Gómez Jácome.
Os que veñen: fusión e folk
Un dos achegamentos máis recentes arredor de RosalÃa foi a de Tiempo Cuatro, RosalÃa de Castro. Os Ollos que Falan. Unha fusión de jazz, música clásica e tango que, coa voz de Begoña Lorenzo se presentou o pasado vinte de setembro no Teatro Jofre de Ferrol e que está en proceso de produción para saÃr na forma de disco. En total son once os poemas que adapta este sexteto especializado en tango. Pendente de publicar anda tamén a achega de aCadaCanto a esta xeira de producións rosalianas. Guadi Galego, Xabier DÃaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero reunÃronse para gravar o pasado verán na catedral de Tui A Rosa d´Adina, un proxecto que se presentou ao vivo o pasado mes de agosto no marco do ciclo Música no Claustro e que verá a luz da man de Músicas de Salitre. O grupo mantén o seu estilo melódico e con aires folk neste seu segundo traballo, dedicado integramente á poeta.
Textos contemporáneos
Para Anxo Angueira, da Fundación RosalÃa, que se achegan á autora nos últimos tempos están a amosar “un maior coñecemento de RosalÃa, do mesmo xeito que se está a dar no mundo académico. Os seus múltiplos perfÃs parécennos hoxe perfectamente contemporáneos, sentÃmola máis do noso tempo e aplicámoslle fórmulas musicais actuais, o cal para min é extraordinario. Nos últimos lanzamentos atopamos versións clásicas, outras máis viradas para o folk e outras para o pop. O poder de creación do sector en Galicia é extraordinario e entón ata certo punto paréceme normal e moi positivo que haxa esta variedade”. Do mesmo xeito, Castro considera que o interese por musicar a poeta de Padrón, no entanto, está fóra de modas e de oportunidades editoriais. “Hoxe os músicos traballan a RosalÃa, pero dentro de cen anos seguirán facéndoo. Teño dúbidas de que pase con outros poetas, aos que ao mellor lles eclosionan adaptación a coincidir cunha efeméride, pero non é o caso de RosalÃa ou, por poñer outro exemplo, de Celso Emilio Ferreiro”.
Precedentes
O interese musical por RosalÃa que estamos a ver non é, nin moito menos, novo. A gravacións xa clásicas como as de Amancio Prada sumáronse nos últimos anos achegas menos ortodoxas como foron as versións que fixo Aid desde o hip-hop no seu disco Rapoemas, o jazz desde o que se xestou o proxecto RosalÃa 21 ou os aires roqueiros que Astarot ten prestado, en diferentes ocasións, a textos da poeta como Airiños Airiños Aires ou o multiversionado Negra Sombra. Precisamente, a ConsellarÃa de Cultura acaba de publicar o catálogo RosalÃa en vinte edicións discográficas, unha listaxe que repasa achegamentos musicais á poeta, e no que sinala esta última canción como “a máis gravada da música galega”. Desde a Agrupación ArtÃstica de Vigo, alá por 1930, a clásicos como Los Tamara ou Amancio Prada, historicamente foron moitas as propostas de se achegar a estes versos. Toda unha tradición que, como estamos a ver, ten traza de continuar.
Escolma de adaptacións musicais de RosalÃa no web da ConsellarÃa de Cultura.