A creación dun museo sobre a batalla de Rande é desde hai anos unha aspiración comentada e debatida, en ocasións chegando a polémicas acesas, en moitos ámbitos. Agora, logo dun longo traballo desde a cultura de base, ponse en marcha Meirande, un pequeno centro na enseada de San Simón que, malia á súa relativa modestia, transcende con moito ese feito histórico puntual e exemplifica un xeito de se relacionar co seu contorno e co patrimonio.
O Meirande, xa rematado e pendente de abrir as súas portas, é un centro de interpretación singular. Entre outras cousas, porque é produto da iniciativa dun colectivo cultural de base. “O proxecto responde a unha ilusión de hai moitos anos, máis dunha década, da Asociación Deportiva e Cultural de Rande”, explica Xurxo Constenla, responsable da musealización deste centro. “É un colectivo moi vencellado co espazo onde se sitúa o centro, unha antiga fábrica primeiro de salgadura e logo de conserva, onde traballou moita xente da contorna. Era unha reivindicación moi similar á que fai a xente que reclama a rehabilitación da Panificadora de Vigo ou da fábrica Massó en Cangas”, explica.
O peso da batalla
A batalla que se desenvolveu nesta área en 1702 tivo desde o comezo un peso importante neste centro, o que levou a polémicas con Vigo ao anunciar este concello o seu interese en crear un museo especÃfico sobre este acontecemento histórico. No entanto, segundo asegura Constenla, a inicativa da SDC foi desde o comezo moito máis alá. “Xurdiu como un parque etnoarqueolóxico. Antes de pensarmos no centro, a idea era un roteiro no que a xente puidese percorrer a costa e ver a zona, aproveitando un dos poucos sitios que quedan sen cementar na rÃa”. A proposta desenvolveuse ata dar no proxecto “dun pequeno museo con encanto, dentro das nosas posibilidades e medios orzamentarios”, segundo explica. AsÃ, o centro, lonxe de procurar pezas históricas únicas, opta antes por “recreacións e xogos interactivos” para “amosar a propia fábrica e facer unha orientación didáctica sobre a batalla. Nse sentido, Constenla sinala que “un problema importante é que se trata de musealizar un depósito invisible”. Os barcos, mergullados no fondo da rÃa, algún a apenas doce metros da localización do centro, non se poden amosar aos visitantes. “O que si se pode integrar na exposición son os elementos da paisaxe e da xeografÃa”. Ademais sinala que “falar da batalla é relativamente sinxelo, pero cómpre non perder de vista que hai que explicar que as batallas son miseria e destrución. Quixemos plasmar isto na exposición e non ficar co romanticismo das batallas navais”.
Alén dos canóns
Como principais elementos que se integran no discurso do novo centro, este investigador sinala “A ponte de Rande, que é un fenómeno de enxeñerÃa moderno e singular, e ao seu pé os restos da fortaleza, último vestixio da batalla, que está arruinada”. Tamén están contemplados dous cargadoiros de mineral que se empregaron en diferentes épocas para exportar volframio. “Hai un conxunto de casas mariñeiras, a ponte do ferrocarril para Madrid, que ten un van de oito metros, e mesmo a propia fábrica do alemán”, é dicir, o lugar no que se instalou Meirande, cun sistema de construción modular que respecta os restos do edificio ao tempo que aproveita o seu interior. “Toda a enseada é un espazo moi atractivo de cara ao patrimonio. Hai uns anos contabilizamos uns setenta elementos de interese en 25 quilómetros de costa, incluÃndo bens etnográficos, arquitectónicos ou industriais”, lembra.
A historia popular
Non son estes os únicos ámbitos que aborda Meirande. “Está tamén a busca do tesouro de Rande, que é unha historia do mergullo xa desde que ao dÃa seguinte da batalla os mergulladores holandeses se tiraron a tentar recuperar tesouros. Desde aquela houbo máis dun cento de expedicións”. Unhas tentativas que tamén deixaron a súa pegada no patrimonio inmaterial da zona. “Cando comezamos o proxecto pensamos que estaba por facer o traballo etnográfico sobre a batalla, pero na realidade os buscadores de tesouros xa o fixeran e falaran cos veciños da zona. Un acontecemento como este, que implicou a máis de vinte mil persoas, incluÃndo requisas de carros e levas forzosas tivo necesariamente que deixar unha pegada na memoria popular. E logo os mariñeiros saben ben onde están os pecios, que eles chaman os “embarrados”, porque alà hai bancos de peixes ou porque hai lugares onde as redes apañan balas de canón ou restos de madeira”.
As pezas non o son todo
En xeral, segundo explica o encargado da museografÃa, “aproveitouse o material que habÃa, non se trata e expor orixinais, aÃnda que non desbotamos incorporar no futuro restos como un canón, balas ou algún guindastre, pero non é ese obxectivo”. No entanto, destaca algúns elementos presentes no centro. “Recuperamos un poema de Anselmo Feijóo Montenegro escrito en galego no século XVIII no que describe a batalla, que seguramente viu en persoa”. Fragmentos deste texto poden lerse nas paredes do centro. “É moi descritivo e explica moi ben o que foi a batalla, a falar de homes a voar, cadáveres a aboiar e o mar a arder”. Canda a isto, recuperáronse elementos que se conservaban no predio da fábrica. “Hai autoclaves, unha antiga enlatadora e dous locomóbiles, xeradores eléctricos que funcionaban a vapor, que son as auténticas estrelas”, datados en 1915.
Apoios
O empeño desenvolvido desde a SDC de Rande tivo no concello o seu primeiro apoio, ao que se foron sumando outros como o do Grupo de Acción Costeira. “Conseguimos que tirase do carro para presentarse a unhas axudas europeas”, lembra Constenla. Aos poucos, foise artellando un plan de viabilidade e foron aparecendo sobre a mesa as posibilidades de concreción daquela idea, incluÃndo orzamentos ou a adquisición de terreos. “Cando a Autoridade Portuaria, que era a titular deste espazo, deu o visto bo, a cousa foi moito mellor, pero foi unha carreira de fondo, con moito desgaste e mesmo algúns paus nas rodas”, sinala este museógrafo. Mais, afinal cunha contribución dun 80% de fondos europeos, acadáronse os 1,2 millóns de euros que permitiron facer realidade o proxecto.
Pendentes de abrir e futuro
O espazo ten aÃnda pendente a data final de inauguración, aÃnda que leva xa varios meses ofertando sesións especiais de visitas á veciñanza ou a voluntarios “O concello está a mirar o xeito máis económico para poder manter a iniciativa”, explica o museólogo. Desde o mesmo sinalan que actualmente a apertura do espazo está pendente dos acordos con diferentes administracións para completar o contorno. Un pantalán e mais o acceso por terra e o aparcadoiro precisan confirmación da autoridade portuaria e mais do ministerio de Fomento. Segundo sinalan desde o concello, “ao implicar outras administracións non podemos dar prazos fechados” para a apertura, aÃnda que o espazo e os seus contidos están listos. De cara ao futuro, segundo explica Constenla “estamos a tentar que o lugar obteña un Selo Europeo, que é un distintivo que se lle outorga a lugares que tiveron que ver coa identidade común europea. É un lugar onde se deu unha batalla con catro nacións, tráfico de volframio, alemáns e ingleses ou que Verne incluÃu nas súas novelas”, explica a citar só algunhas das conexións internacionais do espazo. E todo concentrado nunha enseada do fondo da RÃa de Vigo.