Unha instrución de Educación adapta o Decreto do Plurilingüísmo

A consulta aos pais non será vinculante pero os centros terana en conta

31/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
25 lecturas | Compartido 0 veces

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba esta mañá a instrución coa que a Consellaría de Educación e Cultura quere adaptar o texto do Decreto para o Plurilingüísmo no Ensino ás sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza. Segundo anuncia a Consellaría, a adaptación limítase a facer non vinculante a consulta aos pais sobre o idioma dos seus fillos. No entanto, seguirá a se realizar esta consulta, que deberá terse en conta polos centros á hora de establecer os seus usos lingüísticos. Ademais, teranse en conta factores como a realidade sociolingüística do contorno e presenza equilibrada de galego e castelán.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Valentín García, Política Lingüística, Consellaría de Educación...