A Xunta non aclara se recorrerá a sentencia sobre o Decreto do plurilingüismo

Valentín García compareceu onte ante a Comisión Cuarta do Parlamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Comisión Cuarta de Cultura e Educación do Parlamento acolleu onte a comparecencia de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Ante preguntas do diputado socialista Francisco Caamaño, García sinalou que a Xunta ten elaborado o recurso de casación ante as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza sobre o Decreto para o plurlingüismo. No entanto, recoñeceu que o goberno galego aínda non decidiu se presentará este recurso, e sinalou que está a valorar se o facer ante o anuncio doutras entidades como Galicia Bilingüe, que xa o presentou, e mais da Real Academia, de reclamar ante o Tribunal Supremo. "A Xunta non pode admitir quedarse fóra dun proceso que outras entidades si están dispostas a seguir".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valentín García, Francisco Caamaño, Política Lingüística, Educación...