O Salón do Cómic de Cangas incorpora a ilustración ao seu programa

O encontro celébrase entre o 22 e o 28 de xullo

Cartel do Salón de Cangas 2013
Cartel do Salón de Cangas 2013
Manel Cráneo, David Lafuente e Marina Seoane son os convidados do Salón do Cómic de Cangas, que celebra a súa XVI edición a incorporar por vez primeira a ilustración. Canda a eles, non faltará á cita Horacio Altuna, padriño do evento, e mais José Domingo, autor do cartel desta edición. Obradoiros de creación, mesas redondas, encontros cos autores, proxeccións de filmes desenvolveranse durante o evento. Ademais, estréase a sección "revisado de blocs" no que autores noveis poderán consultar con profesionais as súas dúbidas. O Salón fechará cun concerto de Uxía na xira do seu traballo Rosalía pequeniña.

Programa do Salón de Cangas 2013.