A seguir a nosa serie sobre iniciativas industriais que parten da nosa cultura falamos desta volta cos responsables das adegas Viña Costeira, que explican a súa aposta pola recuperación do Viño Tostado, e mais con Rei Zentolo, que analiza como empregaron o noso patrimonio para darlle forma ás súas camisetas.
As dúas iniciativas estiveron presentes no I Foro Isaac DÃaz Pardo Empresa e Cultura que organizou o pasado sábado o Museo do Pobo Galego. Analizar as posibilidades que abre dispor dunha cultura diferenciada para desenvolver produtos de calidade e que funcionen no mercado foi o eixe desta xornada, que contou con representacións de iniciativas neste sentido chegadas desde Francia e Portugal.
Iconas culturais no peito
No caso de Rei Zentolo, pola súa banda, verifÃcase unha clara aposta polo patrimonio inmaterial como fonte de inspiración para os seus produtos. Ditos e tópicos máis ou menos tradicionais adquiren nova vida na forma de camisolas e outros obxectos, compartindo espazo con iconas da cultura televisiva ou unha fórmula de éxito que comparten outras marcas como Caramuxo. Segundo explica Salva Zentolo, un dos representantes da empresa sinala que “no noso caso falamos sobre a renovación da tradición. Nós o que facemos é colle a tradición e mudar a estética que a representa pasándoa polo filtro do deseño, adaptándoas aos nosos tempos e quitándolle tamén un pouco o halo de sacralidade que por veces teñen os elementos da nosa cultura”. A inicitiva implicou un proceso de análise e a definición de perspetivass desde os que traballar. “Para isto tivemos que investigar a semántica e as connotacións de cada elemento da cultura. Canda a isto buscamos referentes de deseño. E aquà entran desde as figuras de Sargadelos ou Maruxa Mallo ata o pop art, con Warhol ou Liechtestein, buscando unha estética que sexa universal”.
Malia ao éxito que actualmente ten a iniciativa, con tendas repartidas por todo o paÃs e unha ampla gama de produtos, a comercialización “custou un pouco ao comezo, non tanto pola ente senón polos comercios. Naquel momento non se ofertaban produtos deste tipo e en galego para a xente do paÃs. O máis parecido que habÃa eran agasallos para xente que viña de fóra en zonas turÃsticas”.
Desde esta firma consideran que a experiencia de aproveitar os recursos culturais autóctonos como un valor para a industria. “Traballamos coa idea de que serÃa ideal que diferentes ámbitos da cultura e da empresa traballasen xa non só desde a perspectiva do deseño ou tamén a nivel publicitario, senón tentando que cada un dos participantes lle achegue ao outro cousas do seu ámbito. Nós, por exemplo, podemos colaborar con cociñeiros, adegas, músicos ou propostas de calquera tipo”.
Recuperar a tradición para propulsar a marca
O Ribeiro viviu unha época moi difÃcil a mediados do século XX. Os intentos de multiplicar a produción levou á imprantación de variedades foráneas de uva, de gran produción e baixa calidade, que case se levan por diante as variedades tradicionais da zona, perfeccionadas tras séculos de viticultura comercial e a gran escala. E non só variedades, tamén modos de facer o viño tan emblemáticos coma o Tostado. O viño tostado do Ribeiro, elaborado a partir de uva pasificada, foi ao longo dos últimos séculos un ben de luxo nas familias do Ribeiro: un viño de aristócratas, abades e que mesmo se empregaba como dote para as fillas que casaban. O motivo era o seu custe. Para obter un litro de viño tostado son precisos moitos kilos de uva, e iso só se podÃa permitir nas casas pudentes.
Co rexurdir da cultura do viño e dos caldos de calidade no Estado a partir dos 80, o Ribeiro pagou as consecuencias nunha mala imaxe de viños de pouca calidade, estendida a todo o Estado español, e adegas como a Cooperativa VitivinÃcola do Ribeiro, máis coñecida como Viña Costeira, tiña que pagar nas súas viaxes de promoción dos viños. Asà que iniciaron un proxecto de recuperación da memoria do viño tostado, investigando primeiro entre os cooperativistas máis vellos quen deles recordaban os procesos de elaboración e as variedades empregadas. "É un viño máis romántico que comercial", di Argimiro Levoso, xerente da cooperativa, "que empregamos como carta de presentación do que é o Ribeiro". Que este viño é complexo e moi custoso de facer é evidente desde o momento no que só catro adegas dunha denominación de centos producen tostado de xeito comercial. Pero todas coinciden na función do tostado, ser un embaixador da calidade recuperada do Ribeiro.

GalerÃa: Rei Zentolo
Little Green Hot Peppers. Sudadeira. Fonte: Rei Zentolo
Habelas hainas. Camiseta de muller.
Fonte: Rei Zentolo
Vai ó carallo. Camiseta de home.
Fonte: Rei Zentolo
Tarde piaches. Camiseta de muller.
Fonte: Rei Zentolo
Tetilla galega. Camiseta de home.
Fonte: Rei Zentolo