O sector das artes escénicas debate sobre a súa situación actual

Ofrecerán as súas propostas para un Plan Estratéxico

Desde xaneiro, o sector das artes escénicas leva traballando coa intención de ofrecer unha situación e perspectiva da súa situación actual, ao tempo que elaborar un Plan Estratéxico. A proposta está promovida desde o Consello da Cultura Galega que creou unha comisión técnica temporal con este fin. Mañá, martes 30 de abril, farán unha posta en común do documento que define os retos das artes escénicas en Galicia a curto e medio prazo, así como a proposta das bases programáticas do que debería ser un Plan estratéxico. A cita contará coas intervencións de . Nuria Sotelo, Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites.

Programa da xornada
10 h. Inauguración polo presidente do CCG, Ramón Villares, e o coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas, Maximino Zumalave.
10´30 h. A situaciòn das Artes Escénicas en Galicia. Algúns indicadores. Nuria Sotelo e Manuel F. Vieites.
12 h. Debate.
16 h. Propostas para un Plan Estratéxico para as AA.EE. en Galicia. Eduardo Alonso e Manuel F. Vieites.
17 h. Debate.
18:30 h. Conclusións e clausura da xornada.