Ar-k é un videoxogo sobre que conta a historia de Alicia, unha xornalista que investiga a misteriosa aparición dunha esfera na súa vida logo dunha noite de festa. Gato Salvaje é a empresa coruñesa encargada deste proxecto que pretende para o terceiro e cuarto episodio contar con Greg Ruka, coñecido guionista encargado dos guións de Lobezno ou Batman. Para iso precisa 100.000 dólares e iniciou unha campaña na plataforma Kicstarter para conseguir esa cifra antes de xuño.