Ata o de agora para examinarse do carné de conducir só se podÃa facer en español. Trala sinatura dun convenio entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o xefe provincial de Tráfico da Coruña e coordinador da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Pedro José Pastor del Castillo, é posible facelo tamén en galego. O convenio inclúe, ademais, que se empregue o galego nas mensaxes emitidas a través dos paneis de mensaxe variable dependentes do Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste.
Segundo unha nota de prensa remitida pola ConsellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será a o propio departameto do goberno quen lle facilitará á DXT “a tradución ao galego dos cuestionarios das probas teóricas para a obtención do pemiso e da licenza de condución de vehÃculos; supervisará e adaptará á normativa oficial vixente os cuestionarios xa traducidos; traducirá ao galego outros textos empregados na actividade administrativa da DXT e daralle a esta apoio e asesoramento técnico lingüÃstico e terminolóxico no desenvolvemento das actuacións contempladas no devandito convenio”.