Os carnés de identidade incorporar o idioma galego

Identidade en galego

O carné de identidade é bilingüe en Galicia desde onte. Unha proposición non de lei realizada polo Partido Popular Catalán permite que os documentos de identidade emitidos en Euskadi, Cataluña e Galicia recollan as linguas de cada unha destas comunidades. Os paneis de tráfico das estradas galegas dependentes do goberno central tamén estarán en español e en galego, segundo respondeu este órgano a unha pregunta do grupo parlamentario do BNG. Na liña da normalización do noso idioma, o Concello de Compostela e a Mesa pola Normalización Lingüística, veñen de pór en marcha unha campaña con vistas a un maior emprego do galego nestas festas.

Identidad/Identidade


As comisarías Cataluña, Euskadi, Galicia, Valencia e Baleares expiden desde onte os carnés de identidade no seu idioma propio ademais de en Español. Esta iniciativa desenvolveuse a partir dunha proposta do Partido Popular de Cataluña, partido que noutras ocasións rexeitara propostas semellantes de movementos nacionalistas.
As traduccións dos textos que indican "nome", "enderezo", "profesión" e o resto dos datos foron correxidos pola Real Academia Galega para evitar erros na súa redacción. A implantación dos novos carnés realizarase progresivamente segundo se renoven os xa existentes, polo que non é necesario renovar o documento inmediatamente. De calquera xeito, os interesados en obter xa este modelo de documento poderán presentarse na súa comisaría e solicitar a renovación.












Os paneis


Os paneis informativos de tráfico nas estradas galegas dependentes do Goberno Central terán os seus textos en galego ademais de en español, como veu acontecendo ata o de agora.
O Goberno de Madrid adoptará esta medida en resposta a unha pregunta do deputado do BNG Carlos Aymerich, sinalando que o sistema de xestión de tráfico do noroeste de España está aínda en construcción e os equipos en fase de proba. Unha vez que esta fase rematas, os paneis luminosos ofrecerán as súas mensaxes tanto en castelán como en galego.





O Nadal

















O Concello de Compostela e a Mesa pola Normalización Lingüística organizan para este Nadal unha campaña para favorecer un maior emprego do noso idioma. Así, os comercios da zona recibirán dúascentas mil etiquetas coa lenda "Cos meus mellores desexos" en distintos formatos. Esta campaña, financiada polo Concello, é iniciativa da Mesa pola Normalización que organiza actividades semellantes noutros vinte concellos.