Ponteareas xa non é por máis tempo Puenteareas. Segundo informa hoxe "Atlántico Diario", o goberno local que saÃu das eleccións do pasado mes de maio aprobou un regulamento de normalización lingüÃstica que oficializa como única denominación do concello a galega. Ademais todos os documentos da administración local se emitirán en galego e está en marcha un plan de sinalización de todas as parroquias. Mentres, A Mesa pola Normalización LingüÃstica acaba de denunciar o caso dunha parella compostelá que terá que sufrir un atraso de dous meses e recorrendo a un intérprete se quere facer a súa voda no noso idioma, xa que xuÃz que a oficiarÃa non é galego.
Máis información sobre o emprego do galego en Ponteareas en La Voz de Galicia ; sobre os problemas para casar en galego no Portal Galego da LÃngua e en El Correo Gallego