Ramón Castromil, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, foi seleccionado polo xurado do premio Manuel Beiras ao emprego do galego pola súa traxectoria en defensa do noso idioma. Onda el, foron galardoadas a firma de arquitectura Xanela e a empresa A Espeteira. No apartado de empresas dixitais e de servizos, o premio foi para Vieiros. Pola súa banda, tamén Corina Porro foi felicitada polo seu emprego do galego. A Mesa pola Normalización LingüÃstica louvou nun comunicado que a nova alcaldesa de Vigo optase polo noso idioma na súa toma de posesión e apuntou os seus desexos de que o goberno local teña en conta o galego na súa actuación.
Máis información sobre os premios en El Correo Gallego; sobre a felicitación da mesa no Portal Galego da LÃngua