A Mesa anuncia mobilizacións se o valedor do pobo non rectifica mentres gardas civís néganse a empregar o galego

As leas da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Nos últimos tempos a actualidade lingüística está a se encher de debates sobre o emprego do galego. Entre as últimas novas está que a Mesa anuncia mobilizacións se o Valedor do Pobo, Benigno López, non rectifica as súas declaración sobre a nosa lingua. Pola súa banda, a Unión Federal de Gardas Civís, emitiu onte o seu segundo comunicado a asegurar que ninguén lles “imporá” o emprego do galego, a respecto das solicitudes para que este organismo tramite denuncias no noso idioma. Para rematar, “El Correo Gallego” publica hoxe un artigo no que Teresa Vargas, portavoz de “Tan gallego como el gallego”, defende as propostas desta plataforma.

Máis información no web da Mesa; en Vieiros sobre o Valedor; sobre a Garda Civil; en Galicia Hoxe; e o artigo en El Correo Gallego; últimas novas: a Unión de Gardas Civís a prol do galego en Vieiros

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Valedor do Pobo, El Correo Gallego, Garda Civil...