As declaracións do Valedor do Pobo sobre o galego continúan a xerar polémica

Polémica de valedor

2/8/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
As críticas que Benigno López, novo Valedor do Pobo, verteu recentemente sobre o galego no ensino e mais a normalización da nosa lingua na xustiza continúan dando que falar. O propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, lembrou a este respecto que "non debemos facer un problema do galego" e que "a lei está para cumprirse". Ao tempo a Asociación Socio Pedagóxica, a Asociación de Editores e a Asociación de Escritores en Lingua Galega sumáronse ás protestas que diferentes colectivos realizaron sobre esta cuestión.

Máis información en Galicia Hoxe; en Vieiros, no Portal Galego da Língua e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Valedor do Pobo, Emilio Pérez Touriño, Editores...