O Parlamento urxe a aplicación do Plan de Normalización mentres as comunidades históricas reclaman a normalización estatal das súas linguas

Frontes de normalización

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Os tres grupos parlamentarios aprobaron onte unha proposición non de lei para reclamar a pronta aplicación do Plan Xeral de Normalización. Os topónimos, o apoio ás comunidades galegofalantes no exterior e as medidas nos concellos e nas deputacións foron algunhas das cuestións máis destacadas. Ao tempo, os responsables de política lingüística de Cataluña, Euskadi e Galicia reuníronse onte con representantes do Ministerio de Administracións Públicas. No encontro, os responsables autonómicos entregáronlles aos ministeriais a súa proposta de Protocolo de Colaboración en materia lingüística, texto no que reclaman o emprego normalizado das respectivas linguas cooficiais na Administración e nas cortes.

Máis información en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes, Política Lingüística, Galicia Hoxe, El Correo Gallego...