Normalización Lingüística cele o I Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino e traballa para normalizar a lingua nas lápidas

Das escolas ás lápidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
As sete cidades galegas acollerán ao longo do mes de novembro as actividades do I Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino que promove a Secretaría Xeral de Normalización. Este evento quer proporlle ferramentas aos profesores para difundir o noso idioma e contribuír á redefinición dos equipos de normalización dos centros. Ao tempo, este departamento comprometeuse a promover o emprego do noso idioma nos servizos fúnebres, para o que a responsable deste departamento xa mantivo unha primeira xuntanza con representantes do sector. Precisamente, neste sentido os concellos agrupados no colectivo Vieiro da Franqueira, celebraron estes días actos a reivindicar o galego nas lápidas.

Máis información sobre o seminario en Galicia Hoxe; sobre o apoio aos servizos funerarios en El Correo Gallego; máis sobre o Vieiro da Franqueira en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Normalización Lingüística, Escolas, Galicia Hoxe...